GO Avea Moura | Xornada final de transferencia ao sector

23 setembro 2026

Sede Misión Biológica de Galicia (MBG-CSIC)

Recuperación dun cultivo tradicional e principais resultados agronómicos

A xornada ten como obxectivo presentar os principais resultados do Grupo Operativo Avea Moura e poñer en valor o potencial da avea moura galega como cultivo tradicional recuperado, materia prima diferenciada e base para novos produtos alimentarios e cosméticos con valor funcional, favorecendo a súa transferencia ao sector produtivo, transformador e consumidor. 

O Grupo  Avea Moura naceu para contribuír á recuperación e valorización das avenas negras autóctonas galegas, combinando caracterización agronómica, análise química e desenvolvemento de novos produtos derivados. Ao longo do proxecto traballouse na selección de variedades, no estudo do seu potencial funcional e na creación de prototipos en tres liñas de valorización: fermentados, cosmética e panificación. 

A xornada final pretende compartir os resultados acadados, mostrar os prototipos desenvolvidos e abrir un espazo de diálogo sobre as posibilidades futuras deste cultivo en Galicia. 

Prazas: 50.

Inscrición: pechada.

Axenda

10:30-10:40h | Benvida e apertura da xornada. 
Rafael Zas, MBG-CSIC

10:40-10:50h | O Grupo Operativo Avea Moura. Alfonso Ribas, Fundación Juana de Vega
Proxección do vídeo resumo do proxecto. 

10:50-11:10h | A avea moura: recuperación dun cultivo tradicional e principais resultados agronómicos.
Bernardo Ordás, MBG-CSIC e Elvira Sahuquillo, UdC

11:10 – 11:30h | Da materia prima ao produto: resultados da liña de fermentados.  
Marta Lores, USC – Culler de Pau 

11:30-11:45h | Valorización cosmética da avea moura: desenvolvemento de prototipos e aprendizaxes.
Marta Lores, USC – Carmela Valiño, Chusa Expósito e Marta Álvarez, Muuhlloa 

11:45-12:00h | Potencial panadeiro da avea moura: ensaios, resultados e prototipos finais.
Marta Lores, USC –  Manuel Da Cunha Pereira, Grupo Da Cunha

12:00-13:00h | Mesa de prototipos e espazo de intercambio: exposición, degustación, diálogo cos socios do proxecto e entrega de sementes. 

Enderezo da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC)
A Carballeira, 8
36143 Salcedo, Pontevedra
[Ver como chegar en Google Maps]