ECOSPHEREWINES | Percepción da paisaxe na IXP Betanzos

Venres, 28 de xuño de 2024 | 9:00 a 18:30h

Estudo, análise e caracterización da paisaxe na IXP Betanzos (Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo)

A Fundación Juana de Vega organiza este taller no marco do proxecto ECOSPHEREWINES (cofinanciado por Interreg Sudoe) co obxectivo de contribuír á caracterización paisaxística dos pilotos que se van a realizar en España-Portugal e Francia. Entre os meses de xuño e xullo, ademais desta actividade que levará a cabo na IXP Betanzos, localizada na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Galicia), realizaranse outros tres talleres participativos na Reserva de Biosfera transfronteiriza Meseta Atlántica (DO Arribes, en Fermoselle, Zamora); Gaillac, en Occitania (suroeste de Francia) e en Vila Nova de Foz Côa, en Rede Natura 2000.

Introdución
Unha paisaxe é unha realidade física que se percibe e a percepción depende da mirada do observador. Unha mirada que está influída pola súa cultura, formación e ambiente. Desde a aprobación do Convenio Europeo da Paisaxe, no ano 2000, estendeuse a vontade de identificar e cuantificar todas as paisaxes presentes no noso territorio. Neste exercicio cobra peculiar relevancia detectar o que fai diferente unha paisaxe doutra, é dicir, determinar de que maneira unha paisaxe pode ser considerada singular. Isto é o que denominamos o carácter da paisaxe. Para iso, proponse un taller dun día que profunde no coñecemento e posta en valor da paisaxe que conforma un dos ámbitos de traballo do proxecto ECOSPHEREWINES, englobado dentro da IXP Betanzos.

Obxectivo
O obxecto deste taller é analizar a percepción das paisaxes que conforman a IXP de Betanzos por parte de usuarios con perfís diversos, e establecer un marco de intercambio e diálogo que permita ampliar o coñecemento sobre os valores da paisaxe.

Os obxectivos concretos son:

  • Recoller as percepcións dos participantes sobre as distintas paisaxes do ámbito de estudo.
  • Caracterizar as unidades de paisaxe que conforman o ámbito de estudo.
  • Identificar servizos ecosistémicos na unidade de paisaxe que inclúe o viñedo experimental onde, posteriormente, se realizarán as intervencións.

Metodoloxía
O taller desenvolverase ao longo de toda unha xornada coa combinación de distintas actividades, incluíndo visitas de campo a puntos estratéxicos dentro da área de estudo e traballo en grupo en aula. As distintas actividades serán conducidas por técnicos/as en paisaxe e requirirase de forma expresa a participación proactiva do alumnado.

Prazas
O límite de participantes neste taller é de 20 persoas para poder garantir un bo traballo en grupo. As inscricións seguirán a orde de rexistro e comunicaráselles o seu reserva de praza vía telefónica/correo electrónico. Actividade gratuíta. 

Axenda

Venres, 28 de xuño de 2024 | 9:00 a 18:30h

09.00h Presentación do proxecto ECOSPHEREWINES e explicación das dinámicas | Sede Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo [Ver en Google Maps]

10:00h Percepción da paisaxe

  • Paisaxe panorámica en Pena Furada
  • Percorrido en barco polo río Mandeo

13:00h Pícnic ao aire libre

14.45h Visita a viñedo da adega Pagos de Brigante

16.15h Volta a aula e sesión de caracterización da paisaxe

17.15h Recollida de valores e problemáticas

18.00h Conclusións

18.30h Cata de viños locais

 

ECOSPHEREWINES_TallerFJDV

O ámbito de estudo: a IXP Betanzos

A IXP Betanzos, situada dentro da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, foi recoñecida no ano 2000, tras un proceso de recuperación de cepas históricas e varias investigacións. Esta comarca vitivinícola está influenciada pola ría de Betanzos e regada polos ríos Mandeo e Mendo.

O clima da zona caracterízase por ser mediterráneo con trazas de continental húmido, con temperaturas medias anuais moderadas (próximas a 14ºC). O número de horas de luz é un dos factores limitantes para o cultivo da vide nesta área xeográfica.

As variedades cultivadas son: Godello, Albarín branco (Branco lexítimo), Chenín branco (Agudelo) e Palomino -uvas brancas- e Mencía, Brancellao, Merenzao, Gran negro e Garnacha tintorera -uvas tintas-. Actualmente, hai 6 adegas produtoras en toda o IXP, cunha área de cultivo dunhas 10 hectáreas e unha produción de 20.000 litros anuais.