ECOSPHEREWINES | Evento de seguimento

8 xullo 2025 | 10:00 a 12:00h

Sede Fundación Juana de Vega

Avanzando cara á implementación dunha rede de infraestrutura verde en catro zonas de alto valor ecolóxico en España, Francia e Portugal

A Fundación Juana de Vega organiza este webinar no marco do proxecto ECOSPHEREWINES, cofinanciado por Interreg Sudoe, que busca mellorar as paisaxes vitivinícolas como recurso ambiental, económico e turístico fundamental no espazo SUDOE. 

Tras un ano e medio de traballo, e coa participación activa dun consorcio transnacional, o proxecto avanza cara á implementación dunha rede de infraestrutura verde en catro zonas de alto valor ecolóxico. Este webinar será unha oportunidade para poñer en común os progresos realizados nas diferentes áreas piloto, tanto cos socios asociados como con profesionais e entidades interesadas en proxectos afíns. 

As zonas piloto nas que se está a traballar son: 

  • IXP Betanzos, localizada na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Galicia, España). 
  • DO Arribes, situada na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Meseta Ibérica (Castela e León, España). 
  • Gaillac AOC, na rexión de Occitania (Francia). 
  • Douro DOC, dentro da Rede Natura 2000 (Portugal). 

Obxectivo 
Este webinar ten como finalidade compartir os avances acadados durante o primeiro tramo do proxecto ECOSPHEREWINES e abrir un espazo de diálogo coas entidades asociadas e con outras persoas e iniciativas interesadas na sustentabilidade das paisaxes vitivinícolas. 

Será tamén unha ocasión clave para reflexionar colectivamente sobre os retos pendentes e afondar na planificación das accións da segunda metade do proxecto, reforzando as sinerxías e a transferencia de coñecementos entre territorios. 

Obxectivos específicos

  • Dar a coñecer as intervencións realizadas nas catro zonas piloto (IXP Betanzos, DO Arribes, Gaillac AOC e Douro DOC). 
  • Presentar exemplos concretos de solucións baseadas na natureza aplicadas en diferentes contextos vitivinícolas. 
  • Facilitar o intercambio de experiencias e aprendizaxes entre os socios do proxecto, entidades asociadas e participantes doutras iniciativas afíns. 
  • Identificar oportunidades de colaboración e posibles accións conxuntas para fortalecer o impacto do proxecto ECOSPHEREWINES no territorio SUDOE. 

Metodoloxía 
O webinar celebrarase o 8 de xullo de 2025 en modalidade híbrida, o que permitirá unha maior participación e difusión. Presentaranse as catro zonas experimentais e abrirase unha quenda de preguntas e respostas, favorecendo o intercambio de coñecementos entre os asistentes. 

Prazas 
O aforo presencial está limitado a 40 persoas, mentres que a participación online será ilimitada. As prazas asignaranse por orde de inscrición, e comunicaráselle a confirmación vía telefónica ou correo electrónico. 

Actividade gratuíta. 

Axenda

9:45 – 10:00h Conexión dos participantes

10:00 – 10:05h Xornada de benvenida – Fundación Juana de Vega

10:05 – 10:20h Presentación do proxecto Interreg SUDOE ECOSPHEREWINES: Mellora de servizos ecosistémicos e infraestrutura verde en zonas vitícolas de alto valor ecolóxico – Tania Gesto Casas (Técnica de Gestión de Proyectos de Investigación e Innovación, Fundación Juana de Vega)

10:20 – 10:35h Piloto 1. Actuacións implementadas en Galliac-Tarn (FR) – Fanny Prezman (responsable de comunicación e enxeñeira en viticultura, Institut Français de la Vigne et du Vin – Pôle Sud-Ouest)

10:35 – 10:50h Piloto 2. Actuacións implementadas en Mariñas-Betanzos (SP) – Vanessa Álvarez López (Investigadora Postdoctoral Ramón y Cajal, Universidade da Coruña)

10:50 – 11:05h Piloto 2. Actuacións implementadas en Alto Duero/Dourom (PT) – Fátima Gonçalves (Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro Escola de Ciências Agrárias e Veterinárias Departamiento de Agronomia). Intervén en portugués

11:05 – 11:20h Piloto 2. Actuacións implementadas en Arribes del Duero (SP) – José Antonio Rubio (Jefe de la Unidad de Cultivos Leñosos y Hortícolas, Instituto Tecnológico Agrario de Castilla y León)

11:20 – 11:35h Resolución de dúbidas e intercambio de ideas – Fundación Juana de Vega

11:35 – 11:50h Peche da sesión