A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (AGACAL) organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo, A Coruña) un curso de perfeccionamento á poda da vide. O curso aborda as bases da poda de inverno nas viñas cun enfoque eminentemente práctico. Impartirase durante os meses de febreiro e marzo de 2026.
Todas as sesións son teórico-prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (AGACAL) en Bergondo (A Coruña), salvo a xornada inicial que será na Fundación Juana de Vega en Oleiros.
Obxectivos
Ao finalizar o curso, o alumnado:
- Coñecerá os beneficios da correcta poda da vide a nivel de formación das plantas e de optimización da calidade e cantidade de uva.
- Será capaz de programar a poda cepas tanto de variedade brancas (branca lexítima, godello, loureira, albariño, etc.) e tintas (mencía, brancellao, merenzao, sousón, garnacha, etc.) en función do estado de desenvolvemento dos exemplares e dos obxectivos a acadar.
- Será capaz de realizar, de maneira axeitada, a poda das cepas.
Docente: Ana Picón Cotos
Total de horas: 23
Lugar onde se imparte:
Todas as sesión prácticas terán lugar no CFEA de Guísamo. A xornada de inauguración será na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros) o xoves, 19 de febreiro.
Horario: 16:00 - 20:00h
Prazas: 20
Prezo: 75€
Inscrición: a través do seguinte formulario. A reserva de praza non quedará confirmada ata o pago da cota e envío do xustificante bancario.

