Cursos fruticultura 2026 | Poda de árbores froiteiras

Febreiro - Marzo 2026

Sede Fundación Juana de Vega - CFEA de Guísamo

Formación práctica de 23 horas para abordar as bases da poda de inverno nas árbores froiteiras máis habituais da zona atlántica

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (AGACAL) organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo, A Coruña) un curso de iniciación á poda de froiteiras. O curso aborda as bases da poda de inverno nas árbores froiteiras máis habituais da zona atlántica.

Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, impartíndose durante o mes de febreiro e marzo de 2026.

Obxectivos
Ao finalizar o curso, o alumnado:

  • Coñecerá os beneficios da correcta poda das árbores froiteiras a nivel de formación dos exemplares e de optimización da calidade e cantidade de froita.
  • Será capaz de programar a poda de árbores froiteiras atlánticas en función do estado de desenvolvemento dos exemplares e dos obxectivos a acadar.
  • Será capaz de realizar, de maneira axeitada, a poda de froiteiras de pebida e óso, kiwi, castiñeiros e cítricos.

Docente: Jaime Pardo Casal

Total de horas: 23

Lugar onde se imparte:
Todas as sesións prácticas terán lugar no CFEA de Guísamo. A xornada de inauguración será na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros).
Pola metodoloxía eminentemente práctica do curso, as condicións climatolóxicas poden obrigar a facer pequenos cambios e adaptacións do calendario.

Horario: 16:00 - 20:00h

Prazas: 20

Prezo: 75€

Inscrición:
Cerrada

Axenda

Xoves, 19 de febreiro | Fundación Juana de Vega
16:00 – 16:15h. Inauguración e presentación do curso.
16:15 – 19:00h. Conferencia: Evolución e perspectivas da poda en fruticultura e viticultura.
Xosé Antonio Meixide Fernández (AGACAL)                                       

Luns, 23 de febreiro | CFEA de Guísamo
Teoría e práctica: Coñecemento da árbore. Poda xeral. Ferramentas e utensilios de poda.

Xoves, 26 de febreiro | CFEA de Guísamo
Teoría e práctica: A poda de froiteiras de pebida.

Mércores, 4 de marzo | CFEA de Guísamo
Teoría e práctica: A poda de froiteiras de óso. Cítricos e castiñeiro.

Luns, 9 de marzo | CFEA de Guísamo
Teoría e práctica: a poda do kiwi.

Mércores, 11 de marzo | CFEA de Guísamo
Práctica en campo: Poda de froiteiras.