O Obradoiro de enxertos de primavera (nivel iniciación) formúlase como unha actividade aliñada coa liña de formación práctica que a Fundación Juana de Vega vén impulsando en desde hai mais de 12 anos arredor do manexo de cultivos leñosos, a fruticultura atlántica e a viticultura.
Nos primeiros meses do ano, a Fundación desenvolveu accións formativas vinculadas á poda de árbores froiteiras e á poda de viñedo, en colaboración co CFEA de Guísamo.
Neste contexto, o Obradoiro de enxertos de primavera permite dar continuidade a ese enfoque formativo, incorporando unha técnica complementaria á poda e esencial para a multiplicación, adaptación e conservación de árbores froiteiras. Se a poda contribúe a formar a árbore, equilibrar o seu desenvolvemento e mellorar a calidade e cantidade de froita, o enxerto permite traballar sobre a reprodución varietal, a elección de portaenxertos, a recuperación de variedades locais e a adaptación do material vexetal a diferentes condicións produtivas.
Deste modo, o taller amplía o itinerario formativo iniciado coa poda de froiteiras e a poda de viñedo, avanzando desde o manexo e formación dos cultivos leñosos cara a técnicas de reprodución e mellora vexetal. A proposta reforza, ademais, o papel da Fundación Juana de Vega como espazo de transferencia de coñecemento práctico arredor da fruticultura, da valorización de variedades e da xestión sostible dos recursos agrarios do territorio.
Esta nova actividade terá lugar integramente na sede da Fundación Juana de Vega.
Obxectivos
Ao remate do curso, as persoas participantes:
- Coñecerán os principios básicos do enxerto de froiteiras, incluíndo compatibilidades, circulación do zume, sincronización e elección do momento axeitado.
- Serán capaces de facer un uso seguro e no mantemento básico de ferramentas manuais de enxerto e poda.
- Comprenderán os pasos técnicos necesarios para a correcta execución de varios enxertos de xema.
Ao remate da actividade cada participante levará unha maceta co portaenxerto sobre o que traballou.
Docente: Filippo Foglia
O obradoiro será impartido por Filippo Foglia - Las Guindas biólogo molecular, asesor en agroforestería e especialista en prácticas rexenerativas. Conta con máis de sete anos de experiencia impartindo talleres de enxertos.
Desde o seu proxecto Las Guindas, Filippo desenvolve unha actividade formativa vinculada á fruticultura, á agroforestería e ás prácticas rexenerativas. Na Finca Las Guindas prosperan máis de 150 enxertos, o que reflicte o carácter aplicado e demostrativo do seu traballo.
Youtube: https://www.youtube.com/@lasguindas3197 Instagram: @guindas
Total de horas: 8
Lugar onde se imparte:
Sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros).
[Ver como chegar en Google Maps]
Datas: 17-18 xuño 2026
Horario: 16:00 - 20:00h
Prazas: 25
Prezo: 60€
Inscrición:
No seguinte formulario:

