Curso sobre Biofertilizantes: mellorar o solo para mellorar a produción, a sanidade e a calidade

2 febreiro 2026

Sede Fundación Juana de Vega

Ferramentas reais para produtores reais

A Fundación Juana de Vega, no marco da súa aposta polas actividades formativas vinculadas á produción agrogandeira sostible, coorganiza esta xornada de formación para dar continuidade á liña temática iniciada en 2025 coas I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa e que mantén activa entre 2025-2026 coas "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" financiadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España.

Esta aprendizaxe de 5 horas da man de Jairo Restrepo Rivera, un dos maiores expertos a nivel mundial en agricultura orgánica, e Jesús Ángel Eslava de Vitaveris, centrarase en aumentar a fertilidade do solo aproveitando o potencial dos recursos naturais locais. Esta é a segunda ocasión que Restrepo imparte un curso na Fundación Juana de Vega.

Docente
Jairo Restrepo Rivera é enxeñeiro agrónomo, promotor, consultor e formador en agricultura orgánica. Suma máis de 36 anos de experiencia que materializou no seu proxecto “La mierda de vaca”, así como en cursos presenciais impartidos en máis de trinta países.

Jesús Ángel Eslava de Vitaveris, experto en microbioloxía de solos e fabricación de biofertilizantes.

Obxectivo
Esta é unha xornada práctica, orientada a agricultores, técnicos e produtores que queren resultados medibles. Compartirase de forma clara e práctica, solucións que funcionan, rápidas e realistas para:
· Reactivar a vida do solo.
· Mellorar a capacidade de almacenamento de nutrientes.
· Corrixir bloqueos e desequilibrios.
· Aumentar a eficiencia da fertilización.
· Producir alimentos máis sans e rendibles.
· Aumentar a calidade e a produción dos cultivos.


A formación está baseada en anos de experiencia real de campo, procesos biolóxicos e comprensión do seu funcionamento para empezar a xerar un impacto real no campo, para rexenerar solos, cultivos e o futuro.

Data
Luns, 2 de febreiro de 2026

Localización
Fundación Juana de Vega (Oleiros) [ver en Google Maps]

Horario: 9:00h - 14:00h

Prezo: 20€ (inclúe pausa-café)

Prazas: 45 (por orde de inscrición). A reserva quedará confirmada unha vez que realices o pago de 20€ na conta do Banco Santander ES45 0238-8101-2706-0008-6361, da que é titular a Fundación Juana de Vega, e envíes o xustificante de pago ao email: info@juanadevega.org. No concepto debe constar como asunto "Curso Biofertilizantes 02/02/2026".

Curso2026_JairoRestrepo_LaMierdadeVaca-Jesus-Angel-Eslava_Vitaveris_info

Axenda

Luns, 2 de febreiro de 2026
Horario: 9:00 – 14:00h

  1. Benvida e presentación da xornada.
  2. Funcionamento xeral do solo.
  3. Cargas eléctricas, condutividade e almacenamento de nutrientes.
  4. Capacidade de intercambio catiónico (CIC): principios e manexo.
  5. Formación de complexos arxilo-húmicos e acumulación de nutrientes.
  6. Práctica: extracción de ácidos húmicos a partir de leonardita.
  7. Experimentos demostrativos complementarios.
  8. Traballo foliar para corrixir desarmonías mentres se rexenera o solo.
  9. Monitoreo mediante análise de savia.
  10. Efecto dos tiosulfatos no solo e experiencias reais.
  11. Peche e espazo para preguntas.

 

Ver programa en detalle a continuación: