Curso "O ABC da agricultura orgánica" con Jairo Restrepo

22, 23 e 24 de outubro de 2024

Impartido por Jairo Restrepo Rivera

A Fundación Juana de Vega, no marco da súa aposta polas actividades formativas vinculadas á produción agrogandeira sostible, expón este curso de tres días como unha continuación á liña temática iniciada en febreiro deste ano coas I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa. Esta aprendizaxe da man de Jairo Restrepo Rivera, un dos maiores expertos a nivel mundial en agricultura orgánica, centrarase en aumentar a fertilidade do chan aproveitando o potencial dos recursos naturais locais.

Docente
Jairo Restrepo Rivera é Enxeñeiro Agrónomo, promotor, consultor e formador en agricultura orgánica. Suma máis de 35 anos de experiencia que materializou no seu proxecto “La mierda de vaca”, así como en cursos presenciais impartidos en máis de trinta países.

Nado en Colombia e naturalizado no Brasil, Restrepo contribuíu en todos os procesos de evolución da agricultura orgánica a nivel mundial; tanto mediante o desenvolvemento de técnicas de fertilización e nutrición orgánica como de recuperación e conservación de chans, diagnóstico e planificación de procesos de transición cara a técnicas de cultivo máis respectuosas co medio.

Obxectivo
Estas xornadas, eminentemente prácticas e de intercambio de experiencias, teñen como obxectivo dar a coñecer modelos alternativos de produción de alimentos baseados en aumentar a fertilidade dun recurso básico para ter un chan vivo e produtivo. Mostrarase tamén como eliminar a dependencia dos insumos externos, devolvendo aos agricultores o control das súas explotacións e dotándoos de ferramentas que lles permitan aproveitar o potencial dos recursos naturais locais.

As xornadas que organizamos e que se celebrarán na sede da Fundación Juana de Vega en Oleiros e en Os Biosbardos en Cambre, son un dos catro cursos que Jairo Restrepo impartirá na súa xira por España durante o mes de outubro de 2024.

Datas
22, 23 e 24 de outubro de 2024

Localizacións
Sesións teóricas: Fundación Juana de Vega (Oleiros) [ver en Google Maps]
Sesións prácticas: Os Biorbardos · Cultura de Leira (Cambre) [ver en Google Maps]

Horario: 9:30h - 18:30h

Prezo: 200€ (inclúe pausa-café e comidas)

Prazas: 25 (por rigorosa orde de inscrición)

Axenda

Martes, 22 de outubro

9.30 – 11:30h – Sesión teórica:

  • Benvida e presentación do curso.
  • A situación actual dos bioinsumos no mundo.

11.30 – 18:30h- Sesión práctica:

  • Preparación de abonos orgánicos fermentados maduros e semimaduros. Aplicacións.
  • Elaboración de fosfitos e as súas aplicacións.
  • Elaboración de bio-preparados de bacterias lácticas.

 

Mércores, 23 de outubro

9.30 – 11:30h. – Sesión teórica:

  • A fotosíntese.
  • Enerxía, minerais e vida.

11.30 – 18:30h.- Sesión práctica:

  • Elaboración de biofertilizantes (quelatos).
  • Captura e reprodución de microorganismos de forma sólida.
  • Activación líquida de microorganismos.
  • Enriquecemento mineral de microorganismos (quelatos).
  • Sementes con fariña de roca e minerais.
  • Elaboración de biofertilizantes enriquecidos con quitosano.

 

Xoves, 24 de outubro


9.30 – 11:30h. – Sesión teórica:

  • Experiencias exitosas en agricultura orgánica nivel mundial.

11.30 – 18:30h- Sesión práctica:

  • Elaboración de 12 caldos minerais para o control de enfermidades e insectos nos diferentes cultivos.
  • Hidrolatos.
  • Biocarbón.

 

*A duración das sesións teóricas e o inicio das sesións prácticas é orientativo e pode sufrir modificacións en función das necesidades do grupo e as condicións meteorolóxicas.

FICHA RESUMO

Profesor: Jairo Restrepo Rivera

Datas:
22, 23 e 24 de outubro de 2024

Localizacións:
Sesións teóricas: Fundación Juana de Vega (Oleiros) [ver en Google Maps]
Sesións prácticas: Os Biorbardos · Cultura de Leira (Cambre) [ver en Google Maps]

Horario: 9:30h – 18:30h

Prezo: 200€ (inclúe pausa-café e comidas)

Prazas: 25 (por rigorosa orde de inscrición)