Lugar
O curso terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros) os días 17 e 18 e no Centro de Promoción Rural- EFA Fonteboa (Feiranova s/n, Coristanco) o 19 de xaneiro.
Obxectivos
- Coñecer as novas ferramentas do marketing online e de comercialización no ámbito agroalimentario.
- Axudarte a definir unha estratexia de comercialización de produtos agroalimentarios para mellorar o seu posicionamento no mercado.
- Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.
- Branding & Packaging. Coñecemento e aprendizaxe do que significan estes conceptos e como se poden aplicar na área agroalimentaria.
- Aprendizaxe da importancia do empaquetado de produtos agroalimentario e o seu valor diferencial.
- Coñecemento das novas tendencias e da evolución do packaging a nivel global.
- Visualización de diferentes exemplos de packaging que axuden entender os conceptos expostos.