Dende o curso 1992-1993 ao curso 2009-2010 impartiuse en colaboración coa Universidade da Coruña formación en Xestión de Empresas Agroalimentarias. Esta formación serviu de base, para que un gran número de alumnos, ocupen hoxe postos de responsabilidade en empresas do sector.
O Programa de Postgrao cuxo contido respondía ás necesidades empresariais, constituíu o complemento de formación necesario para aqueles titulados universitarios nas diferentes ramas agrarias, ou profesionais, que desexasen afrontar con éxito o seu futuro laboral e profesional.
Obxetivos:
- Inculcar coñecementos sólidos sobre as máis avanzadas técnicas de xestión empresarial aplicadas a empresas agroalimentarias, contribuíndo a responder ós retos que supoñen a globalización e o aumento da competitividade dos mercados.
- Afondar nos fundamentos da dirección, xerando seguridade no análisise e rigor na toma de decisións.
- Facilitar ó alumno as ferramentas e coñecementos necesarios para desempeñar con éxito, postos directivos na empresa agroalimentaria.
Dirixido a :
Titulados universitarios, tanto de primeiro como de segundo ciclo, con especial orientación cara as ramas agrarias (Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, Enxeñeiros Técnicos Forestais, Veterinarios, Biólogos, Químicos, licenciados en Ciencias do Mar, ….), profesionais e Directivos del sector.
Duración
300 horas presenciais.
Bolsas
A Fundación outorgou ata 15 bolsas para a realización do curso completo, que cubríu o importe da matrícula en 990€.