
Descrición
Curso de fruticultura eminentemente práctico no que, ao longo de todo o ciclo vexetativo, se traballarán con froiteiras de pebida, especialmente maceiras de mesa e sidra.
A parte final do curso estará dedicada á tecnoloxía de elaboración de zume de mazá e da sidra.
Obxectivos
Ao final do curso, o alumnado será capaz de:
1. Realizar todas as operacións de xestión de explotacións froiteiras na zona atlántica, en especial das maceiras de mesa e da sidra.
2. Realizar as tarefas de conservación, elaboración e comercialización transformados de mazá: sidra, zumes e outros produtos.
Para a consecución dos obxectivos, a execución do curso será descontinua, abranguendo o período comprendido entre finais de febreiro e decembro para que as prácticas se realicen ao longo do ciclo vexetativo.
Actividades
Formación teórica e práctica sobre variedades, poda, sistemas de condución, prácticas culturais, sanidade vexetal, recollida e conservación e transformados a base de maza.
Visita a unha explotación frutícola e sidrería.
Duración do curso: 84 horas (febreiro- decembro)
Nº de sesións docentes: 11
Número de prazas: 20
Prezo: 165 euros
Lugar
Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración e clausura do curso, así como as sesións que se indican no calendario que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros). Para más detalle ver o programa do curso.