
Obxectivos
A realización do curso terá compoñente teórica en aula e prácticas en finca. Un dos obxectivos a acadar é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación e mantemento de fincas frutícolas, principalmente adaptado á fruticultura da zona atlántica. Para poder acadar estes obxectivos eminentemente prácticos a execución do curso terá carácter discontínuo, comprendendo dito período desde o mes de febreiro ata remates do mes de novembro, coincidindo coa colleita da froita e posterior conservación e transformación.
Para a execución práctica de todas estas operacións o Centro dispón dunha finca experimental para a execución das mesmas. Ao mesmo tempo implantaranse novos cultivos na finca dende a fase inicial de preparación e acondicionamento dos terreos. Para adaptar as prácticas ao ciclo vexetativo executaremos o programa de xeito coordinado coas actividades a realizar nas fincas experimentais e na adega.
Actividades
Demostracións: de implantación, de poda, de entitorado, de laboreo, tratamentos fitosanitarios, de colleita, de multiplicación mediante inxerta e acodo , de elaboración de sidra e outros productos de interese agroindustrial.
Outras actividades: realizaranse visitas a diferentes explotacións frutícolas galegas.
Lugar
Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración e clausura do curso, así como as sesións que se indican no calendario que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros).