Xornadas "Agromárketing para o sector lácteo"

Martes, 8 e mércores 9 de outubro | CFEA de Sergude

Xornadas de emprendemento e innovación en empresas de economía social no sector agroalimentario galego

A Fundación Juana de Vega no marco das axudas da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, organiza unha serie de xornadas de divulgación de aspectos relacionados co emprendemento innovador no sector agroalimentario, poñendo o foco nas entidades de economía social.

As derradeira das catro xornadas previstas para 2024 terá lugar en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agaria (CFEA) de Sergude. Ver como chegar en [Google Maps].

A xornada conta cunha primeira parte de divulgación do emprendemento en economía social no sector agroalimentario, charlas sobre aspectos innovadores de mellora da competitividade das empresas agroalimentarias. O segundo día, a formación complétase cunha mesa redonda con entidades sociais do sector agraolimentario que aplican a innovación nos seus plans de negocio, así como cunha visita a unha entidade de economía social da contorna.

Obxectivo
Estas xornadas queren contribuír ao desenvolvemento da cultura do emprendemento e das habilidades innovadoras no sector de produción e transformación de alimentos a través de modelos produtivos baseados na economía social. Búscase xerar non só impacto económico no territorio, se non tamén un impacto social e ambiental positivo.

En concreto, os asistentes poderán:

  • Coñecer os elementos máis relevantes dun plan de márketing, e o modo de aplicar na práctica os seus principios básicos en calquera negocio.
  • Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.

Así mesmo, estas xornadas axudarán a crear sinerxías entre os centros educativos colaboradores e as empresas agroalimentarias da zona, así como entre o alumnado dos centros e o ecosistema empresarial da comarca.

A quen se dirixe?
As xornadas teñen tres grupos destinatarios:

  1. Produtores primarios locais que poden incrementar a rendibilidade da súa explotación con novas ideas de negocio vinculadas a pequenas transformacións a escala artesanal en produtos alimentarios de calidade.
  2. Os propietarios ou traballadores de pemes agroalimentarias interesados en abordar novos desenvolvementos innovadores.
  3. Alumnado das escolas participantes (a gran parte deles menores de 30 anos) que poden ser futuras persoas emprendedoras, ben como remuda das explotacións familiares ou como traballadores das entidades do sector agroalimentario.

Prazas
10 prazas dispoñibles

Axenda

Martes, 8 de outubro

9:30 a 11:30h.- “Emprendemento no sector agroalimentario” | José Manuel Suárez Iglesias, socio director de Iuni Strategic Marketers

11:30 a 12:00h.- Pausa café

12:00 a 14:00h.- “O packaging como elemento dinamizador das ventas. A importancia dun bo packaging” | Alfonso Pérez Quintáns, CEO Foodtec

14:00 a 15:30h.- Xantar

15:30 a 17:30h.- “Pack different my friend! Fundamentos do márketing e da comunicación” | Xosé Luis Reza, presidente do Clúster do Ecommerce de Galicia, presidente Fundador de Markea e do Clúster da Comunicación de Galicia

 

Mércores, 9 de outubro

9:30 a 11:30h.- “Tendencias en innovación do sector lácteo” | Alfonso Pérez Quintáns, CEO Foodtec

11:30 a 12:00h.- Pausa café

12:00 h a 14:00h.- Mesa redonda con entidades de economía social do territorio:

Modera: Fundación Juana de Vega

  • Benigno Pereira Ramos, socio xerente e presidente do CRDOP Queixo de Tetilla
  • Cooperativa Cobideza. Román Santalla, presidente da cooperativa e gandeiro.
  • Cooperativa Pico sacro. Patricia López López, xerente

14:00 h a 15:30h.- Xantar

15:30 a 17:30h.- Visita a QUEIZUAR (parroquia de Bama, Touro. A Coruña). Traslado en autobús incluído.

 

Estas xornadas enmárcanse no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social.