Xornadas formativas sobre valorización do monte e certificacións forestais no Courel e en Rianxo

Share

No marco do proxecto CAPRIF-CC (Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes ante Incendios Forestais e Cambio Climático), que lidera a Fundación Juana de Vega, organízanse dúas novas xornadas formativas sobre a valorización dos recursos do monte. Terán lugar en Seoane do Courel (Lugo) e Rianxo (A Coruña) o xoves 12 e o martes, 17 de setembro, ambas de 17:00 a 20:00h. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse enviando un correo electrónico á Fundación CEER (corunatec@fceer.org). 

En concreto, o xoves, día 12 de setembro, a Estación Científica do Courel (Seoane – Folgoso), acolle a xornada formativa sobre a valoración dos recursos dos nosos montes, que prestará especial atención ás certificacións forestais, ao aproveitamento micolóxico (regulación e posta en valor) e á protección da natureza como motor de desenvolvemento rural. Estas temáticas foron identificadas como prioritarias por parte dos asistentes ao primeiro obradoiro participativo (Living Lab) que tivo lugar o pasado día 27 de xuño en Seoane, no marco do proxecto. Ver o programa a continuación:

Cinco días despois, o martes, 17 de setembro, no Centro Social do Araño (Concello de Rianxo), terá lugar a xornada formativa, tamén de 17:00 a 20:00h, sobre a valoración dos recursos dos nosos montes na que se prestará especial atención á xestión da auga, ás certificacións forestais e ás relacións entre os medios urbanos e forestais. Estas temáticas foron identificadas como prioritarias por parte dos asistentes ao primeiro obradoiro participativo (Living Lab) que tivo lugar o pasado día 13 de xuño en Rianxo, no marco do proxecto.  

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse enviando un correo electrónico á Fundación CEER (corunatec@fceer.org) .