Xornadas: “A VIVENDA E A PAISAXE”

Share

A Fundación Juana de Vega creou no ano 2004 un premio anual de arquitectura para premiar a mellor vivenda unifamiliar rematada no medio non urbano de Galiza no ano anterior.

Un obxectivo principal do premio é a difusión de exemplos de vivendas axeitadas para o espazo non urbano de Galiza, que respecten o entorno e manteñan a calidade paisaxística do territorio.

Co albo de debater a integración da vivenda no entorno natural, a Fundación Juana de Vega e a Delegación do COAG da Coruña organizan as xornadas “A vivenda e a paisaxe” e unha exposición “Vivendas destacadas no premio Juana de Vega de Arquitectura 2004-2007”, que permanecerá aberta ao público na sede colexial do 21 de febreiro ao 31 de marzo.

As xornadas iniciaranse o día 21 de febreiro coa presentación do libro “As novas casas galegas”. Terán continuidade o día 6 de marzo cunha conferencia de Víctor Fernández Freixanes “Paisaxe e cultura da dispersión” seguida dunha mesa redonda.

O martes 25 de marzo o arquitecto Portugués Alexandre Alves Costa pronunciará a conferencia “Arquitectura e paisaxe”, tamén seguida dunha mesa redonda con arquitectos premiados pola Fundación.

As xornadas pecharaas o día 31 de marzo aConselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas Veleiro, coa conferencia “A Vivenda protexida en Galiza”.

Todas as sesión celebraranse ás 20:00 horas na sede do COAG da Coruña.

A Fundación Juana de Vega e a Delegación do Colexio de Arquitectos da Coruña organizan as xornadas “A vivenda e a paisaxe” e unha exposición “Vivendas destacadas no premio Juana de Vega de Arquitectura 2004-2007”.
A exposición permanecerá aberta ao público do 21 de febreiro ao 31 de marzo na sede colexial.