Xornada técnica sectorial sobre produción rexenerativa de leite na EFA Fonteboa de Coristanco

Share

O próximo martes, 14 de abril (9:30-18:00h) a Fundación Juana de Vega organiza unha xornada técnica na EFA Fonteboa sobre produción de leite con enfoque rexenerativo. O programa inclúe unha visita a Gandería Casais, en Cabana de Bergantiños, unha explotación que está facendo a transición a este modelo.

Durante a formación, o docente Yann Pouliquen Kerlau falará sobre ferramentas e técnicas clave para a produción de leite en explotacións rendibles con modelos produtivos holísticos respectuosos, centrados na rexeneración do solo, na biodiversidade e na saúde do ecosistema.

A asistencia é gratuíta e hai 15 prazas dispoñibles. Os interesados deben inscribirse a través do formulario habilitado na web da Fundación Juana de Vega. A data límite de inscrición é o luns, 6 de abril.

Esta actividade forma parte do programa "Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible" que imparten a Fundación Juana de Vega e a empresa Agroassessor (Girona) en conxunto entre Galicia e en Cataluña co apoio do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España con cargo á subvención para o Intercambio de coñecementos e actividades de formación e información de ámbito supraautonómico, destinadas ao sector agroalimentario e forestal.