A Fundación Juana de Vega e a EFA Piñeiral (Arzúa, A Coruña) volvemos colaborar nesta xornada de formación continúa na que abordaremos as estratexias para aprender a fixar os prezos dos produtos agroalimentarios con criterio, comunicando valor e reforzando a rendibilidade da nosa marca.

Será unha formación técnica dun día (9:30 -17:30h) en Arzúa (A Coruña), na sede da EFA Piñeiral, na que contaremos coa visión experta de profesionais en activo e experiencias reais de empresas agroalimentarias de referencia en Galicia:
- Sofía Pérez, consultora en innovación estratéxica e negocio
- Sara Torreiro, responsable de Márketing e Comunicación en Casa Grande de Xanceda
- Javier Corrochano, consultor en Iuni Strategic Marketers e formador do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega
- José González, gerente y propietario de Gandería Lanzán (Ternera Gallega Suprema Ecolóxica)
- Tamara Castro, gerente y propietaria de Sacrapastas (obradoiro artesanal das Galletas de Xián)
- Álex Moure, gerente y propietario de Kalekói (lácteos artesanais con leite Beta Caseína A2)
- José Luis Cabarcos, director de Bico de Xeado (Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, produción de leite e xeados)
Ao remate da xornada, os participantes cumprirán varios obxectivos. Primeiro, poderán entender as claves da fixación de prezos no sector agroalimentario e aprenderán a defender o valor do seu produto e a non basear o prezo exclusivamente no custo, incorporando percepción de valor e segmentación. Así mesmo, a través desta sesión tamén poderán coñecer en persoa casos reais e boas prácticas e serán capaces de aplicar algunhas técnicas para definir prezos con impacto.
Os interesados poden solicitar unha das dez prazas dispoñibles para profesionais do sector ata o luns, 6 abril (14:00h) no formulario da nosa web: https://juanadevega.org/xornadas_e_cursos/xornada-tecnica-mais-ala-do-custo-estratexias-de-prezo-para-produtos-agroalimentarios.

