Xornada de lanzamento do proxecto ECOCOMEDORES DA BIOSFERA II: avanzando cara á optimización produtiva, comercial e loxística 

Share

O vindeiro xoves, 21 de marzo terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega en Oleiros (A Coruña) a presentación do proxecto ECOCOMEDORES DA BIOSFERA II: avanzando cara á optimización produtiva, comercial e loxística, que desenvolvemos xunto á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e a Escola Infantil Municipal A Caracola (A Coruña), co apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso. A asistencia está aberta a todas as persoas interesadas cubrindo este formulario.

O proxecto ECOCOMEDORES xurdiu en 2015 como unha alianza entre produtores, centros escolares e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para potenciar o consumo de produtos ecolóxicos, de tempada e de cercanía en comedores escolares. O programa buscou a colaboración de todos os axentes involucrados: alumnado, profesorado, persoal de cociña, familias, ANPAS, nutricionistas, sector agroalimentario e administracións, de xeito que se lle outorgasee prioridade aos alimentos de cercanía, de tempada e ecolóxicos, mellorando así a calidade do menú escolar, fomentado a economía circular, o desenvolvemento socioeconómico da contorna, contribuíndo á mitigación do cambio climático. 

Neste 2024, iniciamos unha nova fase co apoio da Fundación Daniel e Nina Carasso. Para os próximos tres anos, o ECOCOMEDORES II fixou novos e ambiciosos obxectivos para escalar a folla de ruta xa iniciada no ámbito do consumo de produtos ecolóxicos en comedores colectivos. 

Axenda 

9:45 a 10:00h.- Benvida e presentación  

10.00 a 10:30h.- Programa ECOCOMEDORES da Reserva. Retos de futuro. 

  • Miguel Fernández – Técnico da Reserva de Biosfera
  • Beatriz Ferreira – Escola Infantil Municipal A Caracola 

10:30 a 11:30h.- O programa de menús “Hemengoak- De Aquí” para as escolas infantís municipais do Ayuntamiento de Pamplona. Izaskun Berasategi.  

11:30 h a 12:00h.- Pausa Café 

12:00 h a 12:30 h.- Presentación do proxecto ECOCOMEDORES II: avanzando cara á optimización produtiva, comercial e loxística. 

  • Beatriz Suárez – Fundación Juana de Vega

12:30h.- Peche   

Formulario de inscrición