Obxectivo Xeral
No ámbito do V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica queremos discutir e aprender das propostas agroecolóxicas que se estean a desenvolver en Galiza, no Estado e no Mundo. Imos a tentar afondar nos recursos compartidos e nas respostas colectivas que van máis aló da lóxica dos grandes mercados, que superen as propostas economicistas. Avanzar nas propostas agroecolóxicas é unha tarefa colectiva, o protagonismo corresponde ás persoas, ás súas comunidades. Por iso facemos un chamamento a participar no V Congreso aos axentes sociais, a labregos, a políticos, a científicos, a estudantes, aos movementos sociais e ás persoas interesadas e ás súas comunidades.
Áreas Temáticas
O Congreso está estruturado segundo as tres dimensións da agroecoloxía (técnico-produtiva, política e sociocultural). Á súa vez, as tres dimensións desagréganse en áreas temáticas.