Camila, Franco e Jorge foron os tres bolseiros que esta primavera - verán completaron a súa formación académica superior na nosa entidade antes de empezar, ou retomar, o seu camiño laboral. Foi un pracer contar con eles no equipo e aprender mutuamente!
Eles mesmos resumiron a súa experiencia:
Camila Jordan, enxeñeira forestal pola Universidad Nacional de La Plata | UNLP e estudante do Máster en Dirección de Proxectos da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Terra USC, Lugo):
“As prácticas na Fundación Juana de Vega superaron as miñas expectativas. Estou moi contenta e agradecida pola oportunidade que me deron e de poder aplicar os coñecementos aprendidos nun fermoso lugar de traballo.”
Franco Rial, estudante do Grao en Socioloxía da Universidade da Coruña:
“A experiencia durante a miña formación na Fundación Juana de Vega foi totalmente gratificante. Ademais de descubrir unha nova rama súper interesante, quedo coa infinidade de conversas e novas aprendizaxes deses meses. Estou moi agradecido con todos os compañeiros e, sen dúbida, recomendaríao a calquera que teña a oportunidade que me deron a min.”
Jorge Precedo, licenciado en Ciencias Políticas e Administración Pública. Estudante do Máster Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social da Universidade da Coruña:
"O meu mes de prácticas na Fundación Juana de Vega foi unha experiencia curta, pero intensa durante a que puiden aprender diferentes dinámicas de traballo e mesmo axudar ao equipo con ferramentas de análises. Estiven moi agradecido desde o primeiro minuto polas facilidades que me deron e pola experiencia de formación. Todo o equipo fai un gran traballo e un importante labor divulgativo das oportunidades que ten Galicia e a súa xente. Todo o éxito do mundo!”