Técnico/a de emprendemento para o Polo de Verín

A Fundación Juana de Vega abre abre un proceso selectivo para cubrir a vacante de técnico/a en emprendemento para impulsar a actividade do Polo de Emprendemento e apoio ao emprego de Verín (Ourense).

Responsabilidades

  • Asesorar e titorizar proxectos en calquera das fases nas que se atopen.
  • Planificar, dinamizar e organizar actividades formativas, divulgativas, de apoio ao emprendemento e de networking.
  • Interactuar a diario cos axentes que participan no ecosistema emprendedor galego, compartindo información e boas prácticas para a óptima execución dos proxectos.
  • Facilitar ferramentas e recursos de apoio para construír modelos de negocio, plans de márketing, dixitalización, organización, dimensionamiento de recursos etc.
  • Identificar instrumentos de financiamento e subvencións de apoio ao emprendemento en Galicia.
  • Reportar conforme aos parámetros fixados pola dirección do proxecto.

Requisitos

  • Formación de grao ou equivalente, sendo desexable complementala con máster/posgrao en contidos relacionados coas funcións do posto: márketing, comunicación, proxectos, mecanismos de financiamento ou xestión de empresas, entre outras.
  • Experiencia en consultoría ou actividades de divulgación e apoio no ámbito técnico (plans de negocio, márketing e comunicación, subvencións e axudas etc.). Valórase o coñecemento do ecosistema de emprendemento e incubación de empresas e startups en Galicia e traballar con metodoloxías áxiles.
  • Actitude proactiva e construtiva cara aos proxectos.
  • Nivel de galego alto.

Desenvolvemento profesional

  • Contacto permanente coas redes de emprendemento de Galicia, facendo networking e desenvolvendo novas competencias e coñecementos en diferentes sectores de interese estratéxico para a comunidade.
  • Contribución á contorna: tes a oportunidade de formar parte do ecosistema emprendedor galego, participando na creación de empresas emerxentes e startups con achega de valor para a nosa sociedade, colaborando desde unha institución de referencia.

Condicións

  • Contrato indefinido (período de proba de 6 meses).
  • Condicións económicas a definir en función da experiencia, potencial e adaptación ao posto.
  • Lugar de traballo: oficina do Polo de emprendemento de Verín (Ourense), sendo necesario realizar desprazamentos ocasionais a diferentes puntos de Galicia.
  • Horario: de luns a venres de 9:00 a 18:00 horas.

Formulario para candidatarse >>

Categoría: Equipo técnico
Xornada: Completa
Localización: Verín (Ourense)

Solicita esta vacante

Permitidos: .pdf, .doc, .docx

Información adicional

Condicións laborais:

  • Contrato indefinido (período de proba de 6 meses).
  • Condicións económicas a definir en función da experiencia, potencial e adaptación ao posto.
  • Lugar de traballo: oficina do Polo de emprendemento de Verín (Ourense), sendo necesario realizar desprazamentos ocasionais a diferentes puntos de Galicia.
  • Horario: de luns a venres de 9:00 a 18:00 horas.

Como participar:

CV e entrevista persoal

Sistema selectivo:

As persoas interesadas deberán enviar o seu currículo a través do formulario que atoparán aquí.