Técnico/a de Comunicación

Buscamos a unha persoa para incorporarse ao equipo de comunicación da Fundación Juana de Vega, apoiando a difusión, visibilidade e impacto dos nosos proxectos, moitos deles de ámbito nacional e europeo, vinculados ao desenvolvemento rural, o sector agroalimentario, forestal e a innovación territorial.

Categoría: Equipo técnico
Xornada: Completa
Localización: Sede Fundación Juana de Vega

Solicita esta vacante

Permitidos: .pdf, .doc, .docx

Información adicional

Condicións laborais:

  • Lugar de traballo: Oleiros (A Coruña), pero é habitual realizar desprazamentos por Galicia e, ocasionalmente, a outros países europeos para reunións de proxecto.
  • Contrato: indefinido, xornada completa (con período de proba de 6 meses).
  • Salario: a definir en función da experiencia, traxectoria e potencial da persoa candidata.
  • Conciliación: xornada flexible, 4 meses de xornada intensiva no verán e venres pola tarde libres.

Como participar:

O proceso de selección realízase a través desta convocatoria > https://www.linkedin.com/jobs/view/4368226870/

Sistema selectivo:

CV e entrevista persoal