O consorcio do proxecto DOWN TO EARTH, do que forma parte a Fundación Juana de Vega, acaba de publicar a súa terceira newsletter semestral cun resumo das actividades realizadas desde febreiro pasado.
En Galicia:
- Na Fundación Juana de Vega organizamos un taller sobre barreiras de acceso para os novos agricultores con expertos de amaterra.
- Traballamos coa Universidade de Patras (Grecia) para elaborar o primeiro informe temático que inclúe as nosas recomendacións para contribuír a un rural máis resiliente e competitivo.
- Xunto con AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), identificamos exemplos de boas prácticas para abordar os riscos ambientais e o despoboamento do rural.
- Ademais de organizar reunións con stakeholders de Galicia, viaxamos a Neckar-Alb (Alemaña) para participar na terceira visita de estudo a esta rexión.
- E moito máis…