Os vindeiros 29 e 30 de abril, terá lugar no Castelo de Santa Cruz (Lians – Oleiros) o Seminario Internacional “USOS SOCIAS DE PARQUES PERIURBANOS, XARDINS BOTÁNICOS E OUTRAS ÁREAS FORESTAIS” que ten por obxectivos divulgar as funcións e os servizos que os parques e xardíns botánicos, así como outras áreas forestais prestan a nosa sociedade, e poñer en valor o patrimonio forestal como recurso educativo e os parques e xardíns como reservorios da vida.
O seminario está dirixido a:
- Profesionais que exercen o seu traballo en parques e xardíns botánicos
- Técnicos municipais e responsables da área de parques e xardíns
- Persoal técnico responsable das aulas forestais e axentes vencellados ao sector forestal
- Responsables das áreas do medio rural, medio ambiente e educación
- Paisaxistas e persoal vencellado ao sector da arboricultura, xardinería e arquitectura
- Educadoras e educadores ambientais, intérpretes do patrimonio e guías turísticos
- Profesores e estudantes universitarios
- Público xeral