O mércores, 10 de xullo, a Cidade da Cultura de Galicia en Santiago acolleu a segunda xornada informativa e formativa organizada polo Grupo Operativo TERRACTIVA. O encontro estivo dirixido aos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia para darlles as coñecer as ferramentas que se están elaborando no marco de TERRACTIVA e que lles servirán como guía para o acompañamento e asesoramento aos novos entrantes no sector agrícola.
Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) son entidades de traballo a nivel local que se encargan de levar a cabo proxectos non só relacionados co sector primario, se non tamén cunha visión multisectorial moito máis amplia para tratar de apuntalar proxectos e iniciativas viables no noso territorio. Así, tratan de apoiar empresas de corte produtivo, pero tamén outro tipo de proxectos como aqueles centrados na dotación de servizos e equipamentos. Por iso, á hora de apoiar a novos entrantes no sector agrario, estas entidades son fundamentais no ofrecemento dunha visión amplia e diversificada, podendo apoiar aos novos proxectos tanto no seu nacemento como na súa aposta por actividades complementarias á produción primaria.
Á xornada do mércores asistiron reprensentantes do consorcio de TERRACTIVA. Ademais da Fundación Juana de Vega, son socios deste proxecto o Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, LaboraTe – Laboratorio do Territorio, a cooperativa Horsal; e colaboran Slow Food Compostela, a tamén cooperativa Granxas de Lousada e a empresa hortícola HortaEco.
O equipo coordinador de TERRACTIVA ten programadas novas actividades no que queda do mes de xullo e en setembro.
