Salceda de Caselas acolle nunha semana a gala Vilas en Flor 2026

Share

O próximo venres, 13 de novembro, o Concello de Salceda de Caselas, en Pontevedra, será o anfitrión da novena gala de Vilas en Flor Galicia. Durante o evento, entregaremos as Flores de Honra 2026 aos 41 municipios participantes nesta edición. O evento terá lugar no auditorio municipal ás 12:00h.

Concellos participantes na edición 2026:

▪️Provincia da Coruña (13): Abegondo, Arteixo, Carballo, Culleredo, Curtis, A Laracha, Oza-Cesuras, Ponteceso, As Pontes de García Rodríguez, Sada, San Sadurniño, As Somozas, Vimianzo.

▪️Provincia de Pontevedra (20): Caldas de Reis, Cambados, Covelo, Cuntis, A Estrada, A Guarda, Lalín, Marín, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa.

▪️ Provincia de Lugo (2): Chantada, Sarria.

▪️Provincia de Ourense (6): Allariz, O Carballiño, Leiro, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río.

O movemento Vilas en Flor está promovido en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto coa Asociación de Viveristas del Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar). Nesta edición volvemos contar co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET).