Reunión de lanzamento do proxecto “CAPRIF- CC: Comunidades activas y paisajes resilientes a incendios forestales y cambio climático”

Share

O luns 26 de febreiro, celebrouse na sede da Fundación Juana de Vega en Oleiros, o acto de lanzamento do proxecto “CAPRIF- CC. comunidades activas y paisajes resilientes a incendios forestales y cambio climático”; que traballará durante case dous anos en prol da activación económica de zonas rurais do noroeste da Península Ibérica (Galicia e Asturias), para a dinamización laboral no ámbito forestal e nos usos multifuncionais do monte.

Na reunión, debatíronse os detalles de cada atividade proposta, que revertirán en melloras no medio rural. Os fitos do proxecto serán:

  • A conservación de ecosistemas forestales biodiversos, resilientes e adaptados ao cambio climático mediante prácticas de selvicultura próximas á natureza e prácticas de restauración adaptativa nun entorno de co-creación participativo.
  • impulso de modelos de planificación e xestión forestal innovadores que incorporen os obxectivos de adaptación ao cambio climático e de fomento da biodiversidade.
  • fomento da cohesión social e a gobernanza participativa na xestión forestal sostible e a conservación da natureza, promovendo a constitución dunha Rede que facilite o intercambio e a replicabilidade de experiencias exitosas no incremento da calidade de vida e a xeración de riqueza para as poboacións locais.
  • A implementación de modelos de economía verde e actividades xeradoras de externalidades positivas relacionadas coa xestión forestal sostible a través de inversións privadas que consideren a valoración económica dos servicios ecosistémicos e sistemas de pago que viabilicen a xestión e a restauración forestal activa cun enfoque de biodiversidade, auga e prevención de incendios.

Para acadar os obxectivos anteriores, e para promover un aproveitamento multifuncional e sostible, o proxecto CAPRIF-CC persegue a implicación dos axentes de toda a cadea de valor forestal, e fomentará especialmente aqueles aproveitamentos que xeren unha maior e mellor protección do territorio tanto fronte a incendios forestais, como resilencia fronte ao cambio climático.

Laboratorios de innovación aberta
A creación dunha rede de Living-Labs de innovación aberta, a identificación dos actores e interesados relevantes en eidos chave para o proxecto, a elaboración de mapas de talento, visitas de campo, sesións formativas e/ou participativas para a co-creación, aproveitando asemade para tecer redes (networking), conforman o núcleo das actividades do CAPRIF-CC.

Por último, a divulgación dos resultados e a difusión das boas prácticas identificadas e desenvolvidas durante o seu ciclo de vida completan o espectro deste proxecto.

O consorcio de CAPRIF-CC está integrado pola Fundación Juana de Vega (entidade coordinadora e líder), a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia - Norte de Portugal (FCEER), a Fundación Montescola, a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), e CETEMAS (Centro Tecnológico y Forestal de la Madera).

O proxecto recibe o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Xornada pública de inicio en abril
No evento do día 26 de febreiro participaron representantes de todas as entidades socias do proxecto CAPRIF-CC, para presentar as liñas mestras do proxecto. A sesión comezou ás 9:30, coa benvida do director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, e rematou ás 18:00h.

Tras o repaso as actividades de execución inmediata, entre as que se atopa a constitución dun Comité Científico con investigadoras e investigadores das universidades galegas, promovido pola FCEER, tamén se avanzou na organización dunha xornada de inicio, con data por determinar, que será aberta ao público e se celebrará a principios de abril.

Reunión de lanzamento do proxecto “CAPRIF- CC. comunidades activas y paisajes resilientes a incendios forestales y cambio climático”