Informe sectorial "Viño, territorio e valor: o impacto económico das DOP vitivinícolas de Galicia"

Share

O presente informe ofrece unha estimación actualizada e territorializada do impacto económico e social da cadea vitivinícola galega e das súas Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) no período máis recente dispoñible (2022–2024), integrando información procedente das Contas Económicas de Galicia, do Marco Input-Output e outras operacións do Instituto Galego de Estatística (IGE), do Ministerio de Agricultura (MAPA), do Censo Agrario e da Rede Contable Agraria Nacional (RECAN).

A cadea vitivinícola —viticultura e elaboración de viño— xera en Galicia unha produción anual de arredor de 512 millóns de euros e un Valor Engadido Bruto (VEB) de 313 millóns, o que representa o 0,45% do VEB total da economía galega e o 7,15 % do VEB do complexo agroalimentario. Aínda que o seu peso no conxunto da economía rexional é moderado, o viño destaca pola súa elevada capacidade de xerar valor, pola súa forte especialización territorial e pola súa crecente orientación cara a mercados de maior calidade e prezo.

Para descargar o Informe sectorial "Viño, territorio e valor: o impacto económico das DOP vitivinícolas de Galicia", cubre este formulario [acceder aquí] >>

Share

Información da publicación

Autores: Alfonso Ribas Álvarez, Edelmiro López Iglesias, José Manuel Andrade Calvo

Colección: Fundación Juana de Vega. Informe sectorial 18

Ano de publicación: 2025