Publicacións

Durante os anos 2007, 2008 e 2009 a Fundación Juana de Veiga (A Coruña), a empresa The Trading House Amodia s.l. (Pontevedra) e a deputación de Pontevedra, a través da estación Fitopatolóxica do areeiro realizaron experiencias co obxecto de coñecer a evolución dos principais parámetros do froito de kiwi producido en Galicia, con particular atención ao contido en materia

Este libro é o segundo volume da serie ilustrada "As novas casas galegas", no que se recollen as fotografías e planos das once casas que foron destacadas co premio, accésits e finalistas entre os anos 2007 e 2009 e conta coa colaboración dos arquitectos autores das obras que fan unha reflexión sobre a concepción do proxecto, a súa integración

Esta edición estará destinada ao alumnado e ao profesorado das distintas etapas da educación obligatoria de Galicia e estará dirixida a sensibilizar e concienciar ao alumnado galego sobre a importancia da paisaxe e da necesidade de realizar unha axeitada ordenación, xestión e conservación da mesma como elementos fundamentais para mellorar a calidade de vida da poboación.

Este libro reúne os relatorios presentados no Congreso "A guerra da Independencia e o primeiro liberalismo en España e América", celebrado en xullo do 2008 na Coruña, dentro das actividades da Cátedra Juana de Vega. O congreso serviu para reflexionar sobre a transcendencia que a Guerra da Independencia tivo na configuración dunha nacente cultura política liberal en España e

Este libro recolle as conferencias desenvolvidas a finais do ano 2006 no Simposio Internacional “O liberalismo nos seus contextos: un estado da cuestión”, celebrado entre as cidades de Santiago de Compostela e A Coruña, dentro das actividades da Cátedra Juana de Vega Nel, diferentes especialistas dan conta da realidade multifacética e poliédrica que conforma o liberalismo decimonónico español.

Este libro editado conxuntamente pola Fundación e o Grupo de Acción Local Terra das Mariñas ten por obxecto poñer en valor os xardíns das Mariñas Coruñesas como elementos singulares do patrimonio e da paisaxe da Comarca, facendo realidade unha idea xurdida do “Plan de Dinamización Turístico Terra das Mariñas 2004 - 2007”.

Con esta publicación, a Fundación Juana de Vega comeza a edición dunha serie ilustrada “As novas casas galegas”, que ten como obxecto contribuír á difusión dos traballos destacados nos Premios Juana de Vega de Arquitectura para que sirvan de exemplo dunha tipoloxía de vivenda axeitada para o espazo non urbano de Galicia, que respecta o entorno e mantén a

Memorias íntimas de Juana de Vega, Condesa de Espoz e Mina. Este é un Libro-DVD editado pola Fundación Juana de Vega e a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais que trata de aproximar ao lector e ao espectador de hoxe una das personalidades máis descoñecidas e sorprendentes do século XIX. Como primeira consecuencia, a Condesa de Espoz e Mina ofrécenos