Publicacións

Enmarcada dentro do ámbito da historia social, esta monografía céntrase nas experiencias de acción colectiva feminina no Madrid do primeiro terzo do século XX. As súas páxinas percorren as traxectorias dos grupos de mulleres que por aquel entón reinvidicaron dereitos laborais, políticos e sociais para a poboación feminina. A través do estudo da construción de identidades colectivas no interior

Durante os anos 2007, 2008 e 2009 a Fundación Juana de Veiga (A Coruña), a empresa The Trading House Amodia s.l. (Pontevedra) e a deputación de Pontevedra, a través da estación Fitopatolóxica do areeiro realizaron experiencias co obxecto de coñecer a evolución dos principais parámetros do froito de kiwi producido en Galicia, con particular atención ao contido en materia

Este libro é o segundo volume da serie ilustrada “As novas casas galegas”, no que se recollen as fotografías e planos das once casas que foron destacadas co premio, accésits e finalistas entre os anos 2007 e 2009 e conta coa colaboración dos arquitectos autores das obras que fan unha reflexión sobre a concepción do proxecto, a súa integración

Esta edición estará destinada ao alumnado e ao profesorado das distintas etapas da educación obligatoria de Galicia e estará dirixida a sensibilizar e concienciar ao alumnado galego sobre a importancia da paisaxe e da necesidade de realizar unha axeitada ordenación, xestión e conservación da mesma como elementos fundamentais para mellorar a calidade de vida da poboación.

Este libro reúne os relatorios presentados no Congreso “A guerra da Independencia e o primeiro liberalismo en España e América”, celebrado en xullo do 2008 na Coruña, dentro das actividades da Cátedra Juana de Vega. O congreso serviu para reflexionar sobre a transcendencia que a Guerra da Independencia tivo na configuración dunha nacente cultura política liberal en España e

Este libro recolle as conferencias desenvolvidas a finais do ano 2006 no Simposio Internacional “O liberalismo nos seus contextos: un estado da cuestión”, celebrado entre as cidades de Santiago de Compostela e A Coruña, dentro das actividades da Cátedra Juana de Vega Nel, diferentes especialistas dan conta da realidade multifacética e poliédrica que conforma o liberalismo decimonónico español.

Este libro editado conxuntamente pola Fundación e o Grupo de Acción Local Terra das Mariñas ten por obxecto poñer en valor os xardíns das Mariñas Coruñesas como elementos singulares do patrimonio e da paisaxe da Comarca, facendo realidade unha idea xurdida do “Plan de Dinamización Turístico Terra das Mariñas 2004 – 2007”.

Con esta publicación, a Fundación Juana de Vega comeza a edición dunha serie ilustrada “As novas casas galegas”, que ten como obxecto contribuír á difusión dos traballos destacados nos Premios Juana de Vega de Arquitectura para que sirvan de exemplo dunha tipoloxía de vivenda axeitada para o espazo non urbano de Galicia, que respecta o entorno e mantén a

Memorias íntimas de Juana de Vega, Condesa de Espoz e Mina. Este é un Libro-DVD editado pola Fundación Juana de Vega e a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais que trata de aproximar ao lector e ao espectador de hoxe una das personalidades máis descoñecidas e sorprendentes do século XIX. Como primeira consecuencia, a Condesa de Espoz e Mina ofrécenos