O informe sectorial “O sector do vacún de carne en Galicia: situación actual e evolución recente” é unha análise en profundidade da evolución produtiva, económica e estrutural do sector do vacún de carne nos últimos anos. En conxunto, o sector do vacún de carne en Galicia enfróntase a un escenario complexo, no que a caída da oferta coincide cunha demanda firme e cunha capacidade limitada de resposta produtiva. A continuidade do sector dependerá, en gran medida, da súa capacidade para incorporar novos produtores, superar as barreiras de entrada e adaptarse a un contexto económico, sanitario e xeopolítico cada vez máis esixente.
Neste marco, o informe da Fundación Juana de Vega subliña a necesidade de reforzar a remuda xeracional e avanzar cara a explotacións de maior dimensión, que permitan mellorar a súa viabilidade económica. Así mesmo, pon o foco na importancia estratéxica de manter a capacidade produtiva do sector en Galicia, non só desde unha perspectiva económica, senón tamén territorial, polo papel clave que estas explotacións desempeñan na xestión do territorio, na conservación das paisaxes en mosaico e na prevención de lumes, ao xestionar máis de 200.000 hectáreas de superficie agraria útil (SAU).
Para descargar o Informe sectorial “O sector do vacún de carne en Galicia: situación actual e evolución recente”, cubre este formulario [acceder aquí] >>
