Informe sectorial "Contribución dos sectores agroalimentario, forestal e pesqueiro ao crecemento da economía galega (2021–2023)"

Share

A Fundación Juana de Vega publica o Informe sectorial "Contribución dos sectores agroalimentario, forestal e pesqueiro ao crecemento da economía galega (2021–2023)".

Entre 2021 e 2023, a economía galega rexistrou unha recuperación destacada, cun crecemento do Valor Engadido Bruto (VEB) do 19,5 %, impulsada pola normalización pospandemia e pola reactivación da maioría das actividades produtivas. Neste contexto de expansión xeral, resulta de especial interese analizar a evolución de tres sectores que tradicionalmente constitúen unha parte esencial da estrutura económica galega: o agroalimentario, a cadea forestal madeira e o sector pesqueiro.

A súa relevancia histórica, o peso que representan en termos de emprego e creación de valor, e a súa forte vinculación co territorio, especialmente o agroalimentario e o forestal, fan destes sectores unha referencia imprescindible para comprender as dinámicas produtivas recentes de Galicia. Ademais, a súa evolución no período 2021–2023 amosa contrastes significativos, especialmente cando se compara co comportamento doutras actividades económicas que tamén experimentaron incrementos importantes neste mesmo período —como a hostalaría, o refino de petróleo ou os servizos financeiros e de seguros—, así como con sectores industriais e de servizos que medran pero con ritmos máis moderados.

Para descargar o "Informe sectorial "Contribución dos sectores agroalimentario, forestal e pesqueiro ao crecemento da economía galega (2021–2023)", cubre este formulario [acceder aquí] >>

Share

Información da publicación

Editado polo Servizo de Estudos e Informes Sectoriais da Fundación Juana de Vega.

Novembro 2025