A Fundación Juana de Vega publica o Informe do sector lácteo 2025, no que dá conta da situación actual e evolución recente entre xaneiro e outubro deste ano.
O sector lácteo constitúe un dos piares fundamentais da economía e do territorio rural galego, tanto polo seu volume económico como pola súa función social e territorial. A produción e transformación de leite articulan un complexo que xera actividade, emprego e fixación de poboación nun contexto de crecente despoboamento rural.
Segundo os datos máis recentes do Instituto Galego de Estatística (IGE), relativos ao ano 2023, o sector agroalimentario representou o 5,7 % do PIB galego, confirmándose como un dos grandes motores da economía autonómica. Dentro deste conxunto, o complexo lácteo (produción primaria máis industria) achegou, segundo estimacións da Fundación Juana de Vega, o 1,60 % do PIB galego: o 1,30 % correspondente á actividade agraria e o 0,30 % á industria transformadora.
Para descargar o "Informe do sector lácteo 2025", cubre este formulario [acceder aquí] >>
