Neste informe, a Fundación Juana de Vega presenta os resultados técnico-económicos relativos a 2024 para o sector do vacún de carne a partir dunha mostra de ganderías integradas na Rede Galega de Granxas Modelo. A Rede está formada por 17 explotacións de vacas nutrices que exemplifican o que os socios do Grupo Operativo definen como "a Granxa Típica do modelo galego". Todas están situadas en concellos cunha notable presenza desta actividade gandeira.
O estudo evidencia a dependencia das subvencións da PAC por parte das explotacións e a necesidade de mellorar a súa eficiencia produtiva. Neste contexto, destácase tamén que estas ganderías teñen un papel esencial na prevención de incendios e no mantemento da paisaxe de Galicia polo que resulta evidente a necesidade de avanzar na súa profesionalización e competitividade para que poidan ser rendibles. É dicir, que sigan cumprindo este papel esencial e se asegure a remuda xeracional e o futuro do sector.
Para descargar o informe é preciso cubrir este formulario [acceder aquí]
