Estratexia da planta ornamental e a flor cortada de Galicia 2025-2035

Share

O sector da planta ornamental e a flor cortada en Galicia conta con arredor dun centenar de operadores e un volume anual de negocio de máis de 80 millóns de euros, situándose na quinta posición a nivel estatal en canto a valor da produción, sustentado nas súas favorables condicións naturais e nun tecido produtor comprometido coa calidade.

Porén, este sector enfróntase a retos importantes: o pequeno tamaño das explotacións, a falta de remuda xeracional e man de obra cualificada, as dificultades de acceso á terra, o impacto do cambio climático ou a necesidade de maior dixitalización.

Para dar resposta a estes desafíos e aproveitar as oportunidades que abren a demanda social de espazos verdes, as novas tendencias de consumo e as políticas europeas de sostibilidade, a Fundación Juana de Vega elaborou por encargo da Consellería do Medio Rural a "Estratexia da planta ornamental e a flor cortada de Galicia 2025-2035".

Este documento establece unha folla de ruta ambiciosa para impulsar a profesionalización, a innovación, a internacionalización e a sostibilidade do sector, reforzando a súa capacidade de xerar valor económico, social e ambiental, e consolidando a Galicia como referente neste ámbito.

Share

Información da publicación

Ano de publicación: 2025

Edición: Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia

Coordinación: Fundación Juana de Vega

Autores: José Manuel Andrade Calvo (coordinador), Alfonso Ribas Álvarez, Beatriz Suárez Sánchez, Adrián Sánchez Antelo, Pedro Calaza Martínez, Elena López Colmenero