A planta local galega. Impulso dos procesos de fusión municipal

Estudio A Planta local Galega. Impulso dos procesos de fusion municipal_portada
Share

Galicia conta con 313 concellos, moitos deles de pequeno tamaño e cunha poboación moi dispersa. Esta realidade, unida ao avellentamento e á perda de habitantes no rural, dificulta que os municipios poidan manter servizos públicos de calidade en igualdade coas áreas urbanas.

Para facer fronte a estes retos, a Xunta de Galicia, en virtude dun convenio de colaboración coa Fundación Juana de Vega, impulsou o estudo "A planta local galega. Impulso dos procesos de fusión municipal" no que participaron as tres universidades galegas. Nel analízase a nosa planta municipal desde diferentes perspectivas: política, xeográfica, xurídica, económica e sociolóxica.

O resultado é unha análise completa da realidade local galega que propón solucións para avanzar cara a concellos máis fortes, sostibles e capaces de garantir servizos de calidade, explorando tanto os procesos de fusión como outras fórmulas de cooperación. Con este fin, o traballo recolle un conxunto de propostas de actuación orientadas a promover reformas lexislativas, mellorar os incentivos fiscais e financeiros, reforzar a comunicación e a participación cidadá, xerar maior coñecemento técnico e científico e establecer unha folla de ruta progresiva que permita modernizar de xeito ordenado a organización da planta local de Galicia.

Share

Información da publicación

Ano de publicación: 2024

Edición: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (Dirección Xeral de Administración Local), Xunta de Galicia

Coordinación: Fundación Juana de Vega

Autores: José Manuel Andrade Calvo (coordinación), Rubén Camilo Lois González, María José Piñeira Mantiñán, María de los Ángeles Piñeiro Antelo, Alejandro Otero Varela, Roberto Vila Lage, Carlos Alberto Patiño Romarís, Francisco Javier Sanz Larruga, Alberto Vaquero García, Oriana López Castiñeira, María José Andrade Suárez, Manuel Docampo García