SOIL&WINERESIDUES | Sostibilidade do solo de viñedo e aproveitamento ecoeficiente dos residuos vitivinícolas  

O proxecto Soil&WineResidues céntrase en impulsar un modelo produtivo no sector vitivinícola para acadar a sostibilidade do solo do viñedo, a través do aproveitamento ecoeficiente in situ dos residuos lignocelulósicos xerados nas viñas para mellorar a saúde e calidade dos solos, o desenvolvemento de produtos comerciais e a xeración de enerxía renovable, reducindo así a dependencia de insumos externos e mellorando a saúde agroecolóxica do sistema vitícola.   

Quen somos?  
O consorcio Soil&WineResidues está integrado por 15 entidades con ampla experiencia en diferentes áreas relacionadas coa viticultura, a saúde agroecolóxica do sistema e a sostibilidade.

S&WRESIDUES Logos Consorcio

Consorcio de Soil&WineResidues 

Socios de España:   

Socios de Francia:  

Socios de Portugal:  

Como imos acadar os nosos obxectivos?
Para abordar este reto, o persoal investigador do consorcio Soil&WineResidues diagnosticará exhaustivamente as condicións actuais do solo nos viñedos de toda a rexión SUDOE, caracterizando a saúde, a calidade e os servizos ecosistémicos do solo. Analizará os sistemas actuais de xestión do solo e o viñedo, así como o uso de residuos vinícolas.    

A partir dos resultados obtidos nas diferentes accións levadas a cabo identificaranse as barreiras e oportunidades para a implementación dun modelo circular, e estableceranse dous ensaios piloto interconectados a escala de campo (Piloto 1 TERRAVITIS) e de laboratorio (Piloto 2 ECOLAB), co obxectivo de avaliar o impacto do uso dos residuos lignocelulósicos na rexeneración do solo e a redución de pesticidas. 

Estes ensaios servirán de base para a elaboración dunha Estratexia e Plan de Acción con potencial de replicación en toda a rexión SUDOE, tendo en conta as recomendacións de aplicación territorial. 

Cal é o papel da Fundación Juana de Vega neste proxecto? 
Neste proxecto, a Fundación Juana de Vega será responsable da comunicación, diseminación e explotación de resultados. Ademais, proporcionará coñecemento científico-técnico na análise dos problemas e desafíos do sector vitivinícola, así como a implementación dunha metodoloxía enfocada na mellora da calidade e a saúde do solo e o manexo adecuado dos residuos lignocelulósicos do sector vitícola.

Programa financiador 
Interreg Sudoe 

Duración
1 de xuño de 2025 a 31 de maio de 2028 (36 meses) 

 Presuposto total 
1.766.964€ financiados nun 75 % polo Fondo FEDER 

Contribución da UE 
1.325.223€ 

Novas relacionadas