A Fundación Juana de Vega foi beneficiaria dunha subvención para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (nº de expediente IN607 2020/02).
A axuda está xestionada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía, Emprego e Industria dá Xunta de Galicia, a través da Liña 1 IN607 F de apoio á preparación de propostas de calidade ao Programa Marco, con fondos cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, da Unión Europea.
A subvención destinouse a financiar parte dos traballos de preparación da proposta do proxecto SPARKS (Supporting Platforms to Accelerate Rural sKills and CapabilitieS) desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 17 de xuño de 2020.
A proposta presentouse á convocatoria Programa Horizonte 2020 “ (Digitising and transforming European industry and services: digital innovation hubs and platforms. H2020-DT-2018-2020) e ainda que non foi seleccionada, obtivo una valoración de 12 puntos sobre os 15 posibles.
IMPORTE DA SUBVENCION: 5.663,20€