A Fundación Juana de Vega participa xunto con 5 entidades europeas no proxecto FOOD IMPROV´IDERS da convocatoria Erasmus + (KA204 Strategic Partnerships for adult education).
Durante 36 meses os socios traballarán para:
- Investigar prácticas innovadoras na cadea de subministración alimentaria para reequilibrar a posición dos produtores na cadea e aumentar a satisfacción dos consumidores.
- Deseñar, desenvolver e probar materiais de aprendizaxe que permitan a integración dos produtores en modelos de cadea alimentaria máis xustos e teñan unha mellor comprensión das necesidades e expectativas dos consumidores.
- Deseñar unha plataforma de aprendizaxe en liña a medida, con contido pedagóxico adaptado para unha maior difusión entre os axentes interesados.
- Promover o contido preparado para estimular a aceptación por parte dos produtores de modelos de cadea alimentaria máis innovadores.
O consorcio do proxecto conta cos seguintes socios de Francia, Hungría, Eslovenia, Italia e Bulgaria:
- ASSOCIATION NATIONALE DES INDUSTRIES ALIMENTAIRES . Francia (líder )
- ESZTERHAZY KAROLY EGYETEM . Hungría.
- UNIVERZA V LJUBLJANI . Eslovenia
- UNIVERSITA DEGLI STUDI DI PARMA . Italia.
- EVROPROJECT OOD. Bulgaria
A Fundación Juana de Vega participará no deseño e avaliación dos escenarios e contidos pedagóxicos, tendo en conta as necesidades dos grupos destinatarios das cadeas curtas de subministración de alimentos en Galicia.
Coordinará o paquete de traballo 4 onde se levará a cabo a avaliación dos produtos pedagóxicos deseñados e probados e dos que se extraerá un conxunto de boas prácticas.
Tamén participará nos paquetes de traballo transversais de xestión e difusión do proxecto, organizando especificamente un evento de difusión local en Galicia (evento multiplicador).
O proxecto desenvolverase entre o 1 de setembro de 2020 e o 30 de agosto de 2023 e ten un orzamento total de 382.730,00 €.