No mes de Febreiro de 2014, fíxose entrega aos responsables da Asociación de Familias de Persoas con discapacidade Psíquica (Amicos) da proposta definitiva do proxecto de axardinamento do novo centro que está a construír en Boiro e que se elaborou de maneira totalmente gratuíta por parte da Escola Galega da Paisaxe como unha colaboración coa devandita entidade.
O proxecto de axardinamento, que foi especialmente deseñado para a experimentación sensorial e motriz dos residentes, será executado por persoas cuxo grao de discapacidade permítelles desenvolver eses traballos.