Entre os cursos académicos 2006-2007 e 2017-2018, e durante dez edicións consecutivas, impartiuse o pioneiro Máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega froito dun convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Juana de Vega. O obxectivo destes estudos superiores era ofrecer formación especializada no ámbito do paisaxismo e cubrir o oco existente no sistema universitario español e galego en relación á disciplina da arquitectura da paisaxe e ao complexo mundo de coñecementos que se relacionan coa mesma.
Baixo a dirección da arquitecta paisaxista Isabel Aguirre de Urcola, máis de 100 alumnos adquiriron coñecementos avanzados e multidisciplinares nesta disciplina orientada á especialización profesional en arquitectura da paisaxe. A Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega concedía un número determinado de bolsas en cada edición.
As materias, abarcaban desde a planificación, a análise e o deseño da paisaxe en xeral, así como proxectos específicos de infraestruturas, de paisaxes urbanas e culturais. Da mesma forma, abordouse a execución e posterior mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe, tanto pública como privada, no medio urbano, rural e forestal.
Programa integrador
O deseño curricular mantivo sempre unha visión integradora para abordar todas as sensibilidades e tipos de capacitación que se requiren nun tema tan complexo e con moi pouca tradición académica en España. De feito, tanto a estrutura como os contidos estaban adaptados ás directrices do proxecto europeo LE-NOTRE, recoñecido académicamente polo ECLAS (European Council of Landscape Architecture Schools).
As clases do máster impartíanse na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós, Oleiros e, nas últimas edicións, tamén se podían seguir online.
Xunto aos docentes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e da Escola Politécnica de Lugo, cada edición contou con destacados profesionais como João Nunes, Paola Sangalli, Luis Ribeiro, Timan Latz, Jordi Bellmunt, Lisa Machenzie ou Pedro Calaza, que actualmente dirixe a Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.
A titulación de Máster oficial en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega quedou extinguida ao iniciarse o Grao en Paisaxe nas universidades da Coruña e de Santiago de Compostela.
Equipo docente
Co obxectivo de achegar aos alumnos as tendencias no deseño da paisaxe, no urbanismo e na ordenación do territorio, entre as once edición do máster participaron uns corenta profesores invitados de recoñecido prestixio internacional tales como:
Teresa Andresen | Catedrática de arquitectura da paisaxe - Universidade de Porto |
Tilman Latz | Latz und partners |
Alessandro Caramelino | Parco Agricola Sud de Milano |
Jordi Bellmunt | BiA Arquitectos |
Domingo Merino | Diputación de Guipuzkoa |
Robert de Paauw | Jansana, de la Vila, de Paauw Arquitectes S.L.P. Barcelona |
Francisco Burgos | Burgos & Garrido Arquitectos asociados |
Iñaki Alday | Aldayjover Arquitectura y Paisaje |
Carles Llop i Torné | Jornet, Llop y Pastor |
Nadia Casabella | Estudio Ten Ten (Bruselas) |
Alessandro Tocolini | Arquitecto da paisaxe. Universidade de Milán |
Antonio Angelillo | Director do Centro de Arquitectura de Italia |
Francisco Pol Méndez | Arquitecto. Estudio Propio |
Catherine Mosbach | Arquitecta paisaxista. Mosbach Paysagistes |
Joao Nunes | Arquitecto paisaxista. Director Xeral de PROAP |
Michel Thomas Pennete | Arquitecto. Instituto de Itinerarios Culturais Europeos |
Luis Ribeiro | Dr. Arquitecto paisaxista. Universidade Técnica de Lisboa. Topiaris Arquitectura Paisagista. Portugal |
Paola Sangalli | Bióloga e paisaxista. Presidenta da Asociación Española de Enxeñería da Paisaxe e vogal da Asociación Española da Paisaxe |
Paul T. Simons | Arquitecto. Paul Simons Associate. Reino Unido |
Belinda Tato | Arquitecta. Graduate School of Design Harvard University. Ecosistema urbano |
Maribel Alba Dorado | Universidade de Sevilla |
Marta González del Tánago | Universidade Politécnica de Madrid |
Like Biljsma | Arquitecta. Estudio Suboffice Rotterdam. Holanda |
Renato Bocchi | Catedrático da Universidade de Venecia. Italia |
Diedrich Bruns | Professor for Landscape Planning at the School of Architecture, Urban and Landscape Planning. Kassel University Alemania |
Álvaro Bueno Sánchez | Dr. Biólogo. Universidade de Oviedo. Horti Curator do Xardín Botánico de Gijón |
Jaume Busquets | Xeógrafo e paisaxista. Generalitat de Cataluña |
Cristina Castell Branco | Catedrática Universidade de Lisboa. Arquitecta Paisagista. Portugal |
Kenny Fraser | Arquitecto paisaxista. Principal Landscape Architect at RMJM Scotland Ltd. ECA (Edinburgh College of Art). Irlanda |
Luis Fort López-Tello | Dr. Enxeñeiro de Camiños, canais e portos |
Bert Gellyck | Arquitecto. Estudio Ten Ten. Bruselas |
Jerónimo Junquera | Dr. Arquitecto |
Carlos Lles Lazo | Dr. en Socioloxía e Urbanista. Universidade Carlos III |
Lisa Mackenzie | Arquitecta paisaxista. ECA (Edinburgh College of Art). Irlanda |