A Fundación Juana de Vega foi beneficiaria dunha subvención para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (nº de expediente IN607 2020/02).
A axuda está xestionada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía, Emprego e Industria dá Xunta de Galicia, a través da Liña 1 IN607 F de apoio á preparación de propostas de calidade ao Programa Marco, con fondos cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, da Unión Europea.
A subvención destinouse a financiar parte dos traballos de preparación da proposta do proxecto INNOFOODCHAIN (Empower producers throught a multi-actor dialogue and innovative supply chain scenarios) desde o 1 ao 22 de xaneiro de 2020.
A proposta presentouse á convocatoria do Programa Horizonte 2020 “ Conecting Consumers and producers in innovative agri- food supply chains- RUR-05-2020”e conseguiu unha valoración de 12,5 puntos sobre 15 posibles.
SUBVENCION RECIBIDA: 4.764,20 €