Durante os próximos tres anos (2024-2026), o obxectivo principal do proxecto I-ReWater será mellorar a xestión dos recursos hídricos na agricultura, integrando o uso de auga urbana rexenerada en cultivos agrícolas e contemplando aspectos ambientais que aseguren o seu bo uso debido á crise climática actual. O resultado final será a presentación dunha Estratexia Transnacional de uso de augas rexeneradas.
Toda a auga rexenerada procederá de EDARs, adegas, industrias alimentarias ou instalacións dos socios que, previamente, recibiu os tratamentos sanitarios obrigatorios e superado as análises para o seu uso en agricultura e posterior consumo humano. Unha vez en campo, a auga almacenarase en depósitos ou balsas preto dos pilotos.
As posibilidades que se abren ao amparo desta nova investigación son múltiples e non pouco ambiciosas, dado que, segundo se deriva de estimacións previas, o emprego de auga rexenerada na agricultura de regadío podería implicar un aforro do 10% dos recursos hídricos dedicados na actualidade a tal fin. Este aforro permitiría destinar a outros usos os recursos hídricos extraídos de fontes naturais como pozos e canles fluviais. Ademais, debido á propia composición da auga rexenerada, enriquecida en nitróxeno e fósforo, entre outros compoñentes, tería propiedades fertilizantes para as terras de cultivo.
Quen somos?
Os 16 socios de I-ReWater integramos un consorcio multidisciplinar que se complementa co apoio de 39 entidades colaboradoras.
Socios de España:
- Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra, Universidade de Santiago de Compostela – USC (líder)
- Agencia de Medio Ambiente y Agua de Andalucía (AMAYA)
- Àrea Metropolitana de Barcelona (AMB)
- Fundación Juana de Vega
- Gestagua
- Instituto de Ciencias de la Vid y el Vino (ICVV)
- IRTA (Instituto de Investigación y Tecnología Agroalimentarias)
- Oficina del Regant del Departament d’Acció Climàtica i Agenda Rural (OdR) de la Generalitat de Catalunya
- Universidad de Córdoba (UCO). Escuela Técnica Superior de Ingeniería Agronómica y de Montes. Departamento de Agronomía
Socios de Andorra:
- Govern d’Andorra
Socios de Francia:
- HOPEN – Terre de houblon
- INRAE (Institut national de recherche pour l’agriculture, l’alimentation et l’environnement)
Socios de Portugal:
- Águas do Norte, S.A.
- Instituto Nacional de Investigação Agrária e Veterinária, IP (INIAV, IP)
- Instituto Politécnico de Bragança
- Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Escola de Ciências Agrárias de Veterinárias. Departamento de Agronomia
Como vamos a alcanzar os nosos obxectivos?
Para cumprir o obxectivo desta investigación aplicada, ao longo do trienio 2024-2026 realizaranse 15 proxectos pilotos noutras tantas localizacións para testear o aproveitamento de auga rexenerada en parcelas de agricultura de regadío con 13 cultivos leñosos (lúpulo, vides, almendro, oliveiral) e 2 hortícolas (tomate, leituga).
En paralelo, o persoal investigador analizará o estado actual dos recursos hídricos no espazo Sudoe, con especial atención ao uso de augas rexeneradas na agricultura de regadío, así como para os efectos na produción e calidade dos cultivos co fin de favorecer a resiliencia e a seguridade das augas.
Os resultados das distintas accións parciais desenvolvidas permitirán a posterior elaboración dunha estratexia de actuación a nivel internacional que servirá para definir as distintas etapas a seguir no progresivo proceso de incorporación das augas rexeneradas ao conxunto de recursos hídricos dispoñibles destinados a regadío.
O proxecto I-ReWater tamén posibilitará o desenvolvemento de ferramentas para a mellora de toma de decisións, a través da integración de modelos e aplicacións xa existentes na actualidade.
Cal é o papel da Fundación Juana de Vega neste proyecto?
Neste proyecto, a Fundación Juana de Vega será responsable da comunicación, diseminación e explotación de resultados. Ademais, traballará na medición do impacto socioeconómico do uso de augas rexeneradas de depuradora na agricultura.
Programa financiador
Interreg Sudoe
Duración
1/01/2024 a 31/12/2026 (36 meses)
Presuposto total
2.216.300€ financiados nun 75% polo Fondo FEDER.
Contribución da UE
1.662.225€
Datos de contacto
Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende, 92. 15176 San Pedro de Nós (Oleiros, A Coruña)
interreg-sudoe.eu/proyecto-interreg/i-rewater
Linkedin | Facebook | Instagram [@irewsatersudoe]