- Obxectivo do proxecto:
- Ampliar o coñecemento dos cidadáns da Eurorrexión sobre a PAC e a súa contribución á protección do medio ambiente.
- Traballar con mozos e mozas e os seus profesores para que se acheguen dunha forma lúdica e cunha visión positiva ao medio rural
- Contribuír a desmontar percepcións erróneas
- Resaltar as oportunidades e retos que a nova PAC e a Estratexia da Granxa á Mesa ofrecen para os agricultores e gandeiros da Eurorrexión
- Resultados acadados:
- Desenvolvemos un xogo de mesa sobre a PAC (“Os Soutos do Norte”) que logo usamos como ferramenta pedagóxica con máis de 500 estudantes de 15 escolas de Galicia e de Portugal.
- Publicación de 24 artigos sobre os obxectivos da PAC e o Pacto Verde Europeo en medios especializados (12 en cada país).
- Elaboración de 5 micro-vídeos desmentindo ideas erróneas e desinformación sobre os obxectivos desta política.
- Organización de 2 seminarios online con expertos e un encontro final con estudantes e profesorado das escolas participantes e outros axentes relevantes.
- Financiamento: o proxecto está cofinanciado polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP) da Unión Europea (UE). Conta cun orzamento de 242 mil euros.
Máis información dispoñible na páxina web do proxecto.