Avaliación da virulencia das distintas poboacións de fungos responsables do Mildeu, Oídio e Botryte, en diferentes zonas vitícolas de Galicia.

Este proxecto financiando pola Fundación Juana de Vega e desenvolvido polo grupo de investigación de viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (dirixido pola Dra. Matínez) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), ten por obxecto estudar a existencia de diferentes razas de fungos, os seus distintos graos de agresividade e como afectan ás vides das cinco denominacións de orixe galegas.

 

Este proxecto financiando pola Fundación Juana de Vega e desenvolvido polo grupo de investigación de viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (dirixido pola Dra. Matínez) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), ten por obxecto estudar a existencia de diferentes razas de fungos, os seus distintos graos de agresividade e como afectan ás vides das cinco denominacións de orixe galegas. Dese modo, poderase deseñar un programa individualizado que permita poñer a punto ferramentas máis eficaces de tratamento antifúnxico na vide, cos seus conseguintes efectos na redución de custes de produción e dos efectos negativos que estes tratamentos teñen no medio ambiente.

Mildeu, o Oídio, e a Botryte, son tres das principais enfermidades da vide que as producen os fungos Plasmopara viticola, Erysiphe necator Botrytis cinerea, respectivamente.

Con este proxecto pretendese ademais, por unha parte, cuantificar a concentración de esporas dos fungos responsables do MildeuOídio e Botryte no aire (mediante captadores de esporas) e en diferentes órganos das plantas da vide (follas, inflorescencias e acios). Por outra banda, caracterízanse tanto morfolóxica como molecularmente, as poboacións de cada un destes fungos e avaliarase en laboratorio o seu nivel de agresividade.

Esta investigación supón reafirmar o compromiso da Fundación co sector agroalimentario, neste caso co vitivinícola, en aras de aumentar a súa competitividade e reducir o impacto negativo que os tratamentos fitosanitarios teñen sobre o medio ambiente.