A Fundación Juana de Vega e a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais organizan unha exposición audiovisual sobre Juana de Vega, titulada "Juana de Vega, a gran dama do primeiro progresismo español".
Trátase dun espectáculo audiovisual de 60 minutos de duración no que a música e a multiplicación das imaxes a través dos espellos, teñen un papel tan preponderante como a palabra. Non se trata, pois, dun documental. Ademais, o tratamento é temático. Como en calquera exposición convencional, o espectador non está obrigado a axustarse a un horario, nin a seguir o espectáculo de principio a fin. Chega cando quere, vaise e retorna (si o fai), cando lle convén. Tampouco é preciso permanecer nun punto definido do espacio expositivo. O ambiente relaxado, invita máis ben o movemento pola sala, como en calquera outra exposición. Sempre e cada vez encontrarase cun bucle con unidade temática e cun rondón interminable que vai do comezo ao remate do día expositivo. Non hai nada que ler; pero é unha invitación constante a saber máis e máis dun mundo que parecía lonxano e vaise convertendo gradualmente en próximo, familiar e atractivo.
Lugar:
A exposición estará no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) dende o día 29 de novembro ao 10 de decembro do 2006.
Horario:
De Martes a Sábado:
Mañas: de 10:00 a 14:00 horas.
Tardes: de 16:00 a 20:00 horas.
Domingos E Festivos: de 11:00 a 14:00 horas.
LUNS PECHADO.