A contabilidade do capital natural: Situación presente e perspectivas futuras

O 29 de setembro un novo faladoiro da Cátedra Juana de Vega analiza o concepto de capital natural e os avances da súa contabilidade, tanto a nivel europeo como español.

Os Faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor. Nesta ocasión o tema elixido é o relativo á valoración económica do capital natural, que en Galicia é moi significativo, pero polo de agora, carecemos de fontes estatísticas para coñecer o seu estado e evolución; impedindo isto tamén a súa valoración axeitada en canto ao papel que xoga como motor de riqueza. Desde diferentes institucións intergubernamentais e tamén desde a propia Comisión Europea, estanse facendo esforzos notables por unificar criterios na contabilidade do capital natural e así medir adecuadamente tanto o stock de recursos existentes coma os servizos ecosistémicos xerados polos devanditos recursos.

Este faladoiro ten dous obxectivos fundamentais: 1) Familiarizarnos coa definición do que é o capital natural e os seus elementos; e 2) Achegarnos aos avances da súa contabilidade, tanto a nivel europeo como a nivel español. Con estes obxectivos en mente, o faladoiro contará cas seguintes intervencións:

Programa

09.30 – 10.00 hApertura: Presentación do seminario polo coordinador.
10.00 – 11.30 hRelatorio 1 e debate: 
O proxecto KIP INCA e a contabilidade do capital natural a nivel europeo.Arturo de la Fuente, Director da Unidade E2 –Estatísticas Ambientais e Contas, Desenvolvemento Sostible. Eurostat, Comisión Europea.
11.30 – 12.00 hPausa.
12.00 – 13.30 hRelatorio 2 e debate:
Avances en materia de contas ambientais e de contabilidade do capital natural a nivel español.Antonio Martinez Serrano, Subdirector Xeral de estatísticas de Medioambiente, Agrarias e Financeiras, do “Instituto Nacional de Estadística”.
13.30 – 14.30 hXantar.
14.30 – 16.00 hRelatorio 3 e debate:
Os inventarios forestais nacionais desde a óptica do capital natural.Roberto Vallejo Bombín, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Xefe da Area de Inventario e Estatísticas Forestais.
16.00 – 17.00 hDebate xeral e conclusións.

*No seminario participarán 20/25 asistentes convidados especialmente para a ocasión. Toda a sesión será emitida por streaming no canal youtube de juanadevega.org.

En directo

Sesión de Mañá

Sesión de tarde