POSTA EN VALOR DOS RECURSOS PAISAXÍSTICOS E ARQUEOLÓXICOS DO CASTRO DE DOADE E A SÚA CONTORNA (LALÍN, PONTEVEDRA)
ACCÉSIT JUANA DE VEGA DE INTERVENCIÓNS NA PAISAXE 2020
Categoría: Intervencións no patrimonio construído e na súa contorna
Autores: Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón
Desde o ano 2015, Casa do Patrón comezou a posta en valor de distintos lugares e xacementos arqueolóxicos da contorna da Parroquia de San Pedro de Doade (Lalín, Pontevedra). Esta iniciativa conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, educación e Univesidade e AGADER), a través de distintos programas de financiación.
No caso do Castro de Doade, unha vez escavado, iníciase un proceso de musealización “in situ”, tratando de combinar o sentido didáctico coa necesidade de preservación dos restos arqueolóxicos usando materiais da contorna inmediata. Para mellorar a lectura visual do xacemento ás veces óptase pola reintegración mínima dalgunhas partes estruturais as cales non tiñan sido conservadas pero das que nos quedan certos vestixios que nos permiten a súa recreación simulada e totalmente detectable.
Con respecto ás Mámoas de Doade, estase a realizado unha valorización baseada na limpeza e conservación de parte da vía antiga que as unía, converténdoa nunha ruta na que se poden visitar tanto os enterramentos neolíticos como algúns petróglifos.
Este labor complétase coa exposición nunha sala do museo de todos os obxectos arqueolóxicos aparecidos na parroquia, que inclúen os do castro, os achados casuais e nun futuro a escavación dunha das mámoas.
Completaría o conxunto a reprodución dunha vivenda castrexa, situada nas inmediacións do museo para a cal foron utilizados tamén materiais procedentes da contorna inmediata.
Todas estas actuacións fanse co obxectivo de facer un estudo exhaustivo, para a recuperación, a conservación e a divulgación da contorna natural e cultural da parroquia de Doade, supoñendo un revulsivo económico e social tanto para a parroquia, como para o propio Concello de Lalín.