Humanización de San Pedro de Leirado (Quintela de Leirado)

Categoría:

Autores: MOL Arquitectura

Promotor: Concello de Quintela de Leirado e Xunta de Galicia

Harmonía entre pedra e auga

A intervención neste espazo público duns 5.000 m2 actualiza o paso do tempo. Intégrase e fúndese grazas ao soterramento de instalacións aéreas, ao ocultamento de contedores, á renovación do mobiliario e a unha iluminación acorde coa contorna patrimonial. Isto, combinado coa vexetación e coa auga, cos materiais seleccionados, naturais e locais (pedra, madeira de piñeiro de Galicia termotratada,…) crean unha imaxe nova ensalzando a identidade.

Liberouse o muro que delimita o adro da igrexa, creando un foso rebaixado que o realza visualmente. A vexetación e os arbustos melloran a visión desde e cara ás vivendas. E ademáis, remarcáronse os planos de acceso mediante adoquín.

O deseño hidrolóxico recolle as augas en canais perimetrais abertos, recuperando as tradicionais “levadas” para o rego comunitario. Por outra banda, o estanque permite aos veciños regular manualmente a distribución da auga das súas fincas.

Outro dos obxectivos foi rexenerar o ecosistema, activando a actividade gandeira e recuperando a biodiversidade do depósito de auga e do lavadoiro mediante unha cuberta impluvio que recolle a choiva.

O resultado é un renovado espazo público accesible e funcional para as persoas, que combina tradición, natureza e vida diaria, mellorando a calidade e o benestar da veciñanza.

Valoración do xurado
O xurado do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe. Categoría Espazos exteriores decidiu outorgar unha mención especial a esta intervención para recoñecer o traballo realizado nun espazo público singular localizado a carón da igrexa parroquial, o elemento referente en calquera parroquia de Galicia.

O proxecto analiza e recupera o uso da auga e soluciona a escorrentía, ofrecendo ademais zonas de descanso para a veciñanza con moita delicadeza.

Ver aquí os paneis de todos os galardoados no Premio da Paisaxe 2025. Categoría Espazos exteriores >>

Share