Complexo Enoturístico María Manuela (Boqueixón)

O Complexo Enoturístico María Manuela xurdiu do soño compartido de Nieves Millán e do seu marido, Moisés Rodríguez tras herdar o viñedo familiar nas ribeiras do Ulla e á beira do Camiño de Santiago (Vía da Prata e Camiño de Inverno) ao que sumaron un bosque con árbores autóctonas. Como ten contado Nieves: “Este proxecto … Ler máis

Casa Grande de Xanceda (Mesía)

Casa Grande de Xanceda é unha granxa de leite que, ademais de apostar pola produción ecolóxica e a diversificación en produtos eco de alto valor engadido, quere contribuír coa súa actividade á conservación da biodiversidade e a ordenación do territorio. Das 200 hectáreas de terreo que ocupa na actualidade, 75,4 ha están localizadas nas “Fragas … Ler máis

Horta e invernadoiro do Restaurante Culler de Pau (O Grove)

Desde a súa inauguración en 2009, o galardoado restaurante Culler de Pau foi dando pasos adiante para unir cociña e investigación a través da súa horta ecolóxica, que tamén é un proxecto de recuperación produtiva e paisaxística. Tomando como referencia as fotografías dun voo americano dos anos 50, foron habilitando unha parcela de 2.500 m2 … Ler máis

Forno de pan de Cea Aboamigalla (Cea)

Sofía Godoy e Juan Carlos Rodríguez abriron este forno de pan en 2019, procedentes doutros sectores profesionais e sen ningún vínculo co oficio artesán, pero totalmente convencidos de continuar a tradición e o legado dun panadeiro de Cea que se xubilaba. A nave industrial é un edificio singular situado nunha parcela do polígono industrial de … Ler máis

Hotel Acouga – Celanova (Ourense)

Premio 2023 - Hotel Acouga | Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe

Casa da poesía Acouga é unha casa chea de memoria. Un edificio polo que pasaron infinidade de cidadáns de Celanova e a súa comarca. Despois dunha restauración minuciosa e respectuosa co edificio orixinal e coa contorna histórica na que está situado, abriu as súas portas para recibir os visitantes que buscan  acougo ou descanso entre … Ler máis

Rehabilitación da Adega Pedro Leivas - Riotorto (Lugo)

Accésit 2023 - Adega Pedro Leiva |Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe

O encargo, o reto, foi recuperar e converter un antigo espazo, case que irrecoñecible por mor da maleza, dos derrubamentos e dos descoidados labores de conservación nunha adega para a elaboración artesá de sidra coas maceiras da propiedade. Mirando ben, atopabas un espazo máxico: unha aira rodeada por unha muralla de cachotería, co hórreo tradicional … Ler máis